Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión
Debuxo de persoa triste atrapada nun frasco de pastillas

As drogas non constitúen unha realidade única, senón que están caracterizadas por unha notable diversidade.

A principal característica que todas as drogas comparten coñécese como psicoactividade e fai referencia á capacidade destas substancias para chegar ao cerebro e modificar o seu funcionamento habitual.

Atendendo ao seu principal efecto sobre o cerebro humano, podemos falar de:

Drogas depresoras do sistema nervioso central:
Substancias que teñen en común a súa capacidade para entorpecer o funcionamento habitual do cerebro, provocando reaccións que poden ir desde a desinhibición ata o coma, nun proceso progresivo de adormecemento cerebral. As máis importantes deste grupo son: alcol, opiáceos (heroína, morfina, metadona...), tranquilizantes (pastillas para acougar a ansiedade) e hipnóticos (pastillas para durmir).
Drogas estimulantes do sistema nervioso central:
Grupo de substancias que aceleran o funcionamento habitual do cerebro, provocando un estado de activación que pode ir desde unha maior dificultade para durmir tras o consumo de café, ata un estado de hiperactividade tras o consumo de cocaína ou anfetaminas. Neste grupo, destacan: estimulantes maiores (anfetaminas e cocaína), estimulantes menores (nicotina), xantinas (cafeína).
Drogas perturbadoras do sistema nervioso central:
Substancias que trastornan o funcionamento do cerebro, dando lugar a distorsións perceptivas, alucinacións etc. Neste grupo están: alucinóxenos (LSD, mescalina...), derivados do cannabis (marihuana, haxix...), drogas de síntese (éxtase...)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible