Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Aínda recoñecendo a importancia que os factores ambientais desempeñan no consumo de drogas, esta é unha conduta individual. Neste sentido, aínda que o contexto social pode exercer unha gran presión cara ao consumo destas sustancias, o individuo pode ter a posibilidade (se é a súa decisión e dispón das capacidades necesarias para mantela) de rexeitar tal presión e mesmo modificar o ambiente. Desta forma, ponse de manifesto a importancia que as características individuais xogan no inicio e o mantemento do consumo de drogas posto que, en función delas, cada persoa dá diferente significado aos efectos de cada sustancia e interpreta dunha maneira ou outra as influencias ambientais.
Factores individuais de risco
Conduta antisocial: falta de conformidade coas normas sociais
Pouca capacidade para as relacións interpersoais
Elevada procura de sensacións (tendencia a experimentar sensacións novas e intensas, a miúdo sen reparar nos riscos que iso implica)
Baixa autoestima e baixa asertividade
Escasa tolerancia á frustración
Alta necesidade de aprobación social e falta de autonomía respecto ao grupo
Dificultade para o manexo das emocións
Baixo aproveitamento escolar
Falta de habilidades para tomar decisións ou resolver problemas
Expectativas positivas respecto das consecuencias do consumo de drogas
Pouco coñecemento sobre as drogas
Consumo temperán de drogas
Consecuencias do abuso físico, sexual ou emocional
Actitudes favorables cara ao consumo de drogas
Ausencia de valores ético-morais
Factores individuais de protección
Resiliencia (capacidade para afrontar situacións difíciles e adversas; adaptación)
Crenza na orde social
Autoconcepto e autoestima sans
Habilidade para a toma de decisións e resolución de problemas
Pensamento autónomo, crítico e creativo
Presenza dun proxecto de vida
Valoración da saúde
Habilidades para adaptarse ao cambio
Capacidade para establecer empatía
Capacidade para establecer e manter relacións interpersoais
Capacidade para manexar a presión de grupo
Relacións sociais positivas
Capacidade para manexar emocións propias e para manexar tensión ou estrés
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible