Existen moitas formas de consumir estas substancias, formas das que dependerán os efectos e consecuencias posteriores ao consumo, cuxo control será de vital importancia para reducir os seus riscos. Ten que ver con:
Consumo experimental
Corresponde ás situacións de contacto inicial cunha ou varias substancias, das que pode pasarse a un abandono da mesma ou á continuidade nos consumos. Na práctica totalidade das realidades culturais, a adolescencia é a etapa en que con maior frecuencia xorden este tipo de consumos, aínda que unha alta porcentaxe non reincide no mesmo.
Normalmente, definen este tipo de consumo situacións nas que o individuo descoñece os efectos da substancia e o seu consumo realízase, xeralmente, no marco dun grupo que lle convida a probala.
Consumo ocasional
Corresponden ao uso intermitente da substancia, sen ningunha periodicidade fixa e con longos intervalos de abstinencia.
O suxeito continúa utilizando a substancia en grupo. Aínda que é capaz de levar a cabo as mesmas actividades sen necesidade de mediar droga algunha; xa coñece a acción da mesma no seu organismo e por ese motivo consómea.
Consumo habitual
Supón unha utilización frecuente da droga. Esta práctica pode conducirlle ás outras formas de consumo, dependendo da substancia que se trate, a asiduidade con que se empregue, as características da persoa, a contorna que lle rodea etc.
A persoa amplía as situacións nas que recorre ás drogas, que se usan tanto en grupo como de maneira individual; os seus efectos son perfectamente coñecidos e buscados.
Consumo compulsivo ou drogodependencia
A persoa necesita a substancia e toda a súa vida vira ao redor dela a pesar das complicacións que iso lle pode ocasionar. Algúns indicadores desta forma de consumo son:
Policonsumo
Aínda que existe, non é frecuente entre consumidores de drogas a utilización dunha única substancia. A pauta máis habitual é o consumo combinado de diversas drogas. A miúdo, trátase de consumos combinados ao longo dun mesmo período de tempo. Por exemplo, pódense beber cantidades excesivas de alcohol, fumar un paquete de cigarros, compartir un par de porros e esnifar unha raia de cocaína, todo nunha mesma fin de semana. As combinacións posibles son numerosas.
Tamén hai persoas que consomen diversas substancias, de maneira variablemente habitual, aínda que non realicen tantas mesturas nun período tan curto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible