Que é?
Prescrito e utilizado adecuadamente, un psicofármaco permite atenuar ou eliminar diversas formas de sufrimento psíquico: ansiedade, depresión, enfermidade maníacodepresiva, tratornos delirantes... Un psicofármaco debe ser prescrito por un médico.
Un gran número de persoas utilizan, con ou sen prescrición, medicamentos para afrontar os trastornos provocados polas súas dificultades cotiás.
Do mesmo xeito que no caso do alcol ou do tabaco, un consumo excesivo de psicofármacos por parte do pai/nai pode influír negativamente sobre os consumos dos/as fillos/as.
Os efectos dos psicofármacos varían segundo a súa composición química, as doses administadas e a sensibilidade individual do paciente.
Asociar este tipo de medicamentos a outras substancias psicoactivas leva importantes riscos, sobre todo porque os efectos de certas interaccións non son totalmente coñecidos. A mestura con alcol, por exemplo, potencia ou anula os efectos de cada unha das substancias absorbidas.
Efectos
Os efectos dun psicofármaco difiren segundo a categoría á que pertencen:
As benzodiacepinas, ansiolíticos ou hipnóticos son psicofármacos prescritos para calmar as manifestacións de angustia ou ansiedade, polas súas calidades sedantes e para facilitar a relaxación muscular.
Poden ocasionar perda da memoria respecto dos feitos recentes, diminución do estado de alerta, somnolencia, diminución dos reflexos...
Riscos
As benzodiacepinas poden xerar dependencia física e psíquica, favorecidas pola duración do tratamento, a dose administrada, os antecedentes doutras dependencias e a asociación co alcol (aumenta o seu efecto sedante). A dependencia física e psíquica tradúcese, cando se interrompe bruscamente o tratamento, nun fenómeno de privación, sendo os principais síntomas de abstinencia o insomnio, as dores musculares, a ansiedade, a irritabilidad e a axitación. A retirada progresiva do fármaco evita estes trastornos.
Aínda que algúns fármacos psicoactivos non xeran dependencia física, se poden producir dependencia psíquica, dependendo de cada individuo e cada sustancia. Cando se altera ou aumenta o consumo dun psicofármaco á marxe da prescrición médica, pode aparecer unha situación de dependencia psicofarmacolóxica. Aquí inclúense: psicotrópicos, opiáceos, barbitúricos, anfetaminas, benzodiacepinas.
Existen tres tipos de dependencia psicofarmacolóxica:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible