¿Que é?
O tabaco é un produto vexetal obtido da planta nicotiana orixinaria de América; na actualidade, está formado por follas de varias plantas do xénero, en concreto nicotiana tabacum. Comercialízase legalmente en todo o mundo, aínda que ten numerosas restricións para ser fumada en moitos países, xa que produce efectos negativos para a saúde pública.
A Organización Mundial da Saúde cualifica o tabaco como unha droga posto que é unha sustancia que ao introducirse no organismo altera o sistema nervioso central do individuo e ademais é susceptible de crear dependencia, xa sexa física ou psicolóxica.
Trátase dunha droga cuxo consumo, dende o punto de vista cultural e social, foi durante moito tempo aceptado e integrado nos usos cotiáns sen que suscitase ningún conflito, asociándose xeralmente o fenómeno das drogas a sustancias determinadas como a heroína ou a cocaína.
Os cigarros conteñen máis de 4.000 elementos químicos, e polo menos 400 sustancias con efectos carcinóxenos. Mentres se fuma, o cigarro arde a 700 graos centígrados na punta e a uns 60 no seu interior; esta calor descompón o tabaco, que produce numerosos velenos. Mentres un cigarro se queima, vanse concentrando os residuos ao final del.
Os produtos do cigarro máis daniños para a saúde son o alcatrán, o monóxido de carbono e a nicotina, así como certos compoñentes do gas e partículas que favorecen a aparición de enfermidades pulmonares.
A intensidade dos efectos non depende só do número de cigarros, senón tamén de como foron elaborados (con ou sen filtro) e a preparación previa do tabaco. O "fume accesorio" que sae dun cigarro entre calada e calada leva maiores riscos que o fume directamente inhalado.
Efectos
O tabaco é un estimulante do sistema nervioso central e produce un aumento da frecuencia cardíaca e respiratoria. A investigación demostrou que o tabaco reduce a media da expectativa de vida entre sete e oito anos. A través do fume incorpóranse os distintos elementos contidos no tabaco.
A nicotina produce un aumento da frecuencia cardíaca e respiratoria. Os efectos que observan os fumadores, maior concentración, relaxación, son en realidade unha reversión da abstinencia. Posto que a nicotina provoca unha síndrome de abstinencia ben definida caracterizada por malestar xeral, estado anímico depresivo, irritabilidade, insomnio, ansiedade, inquietude, dificultade de concentración e aumento do apetito.
Así mesmo, potencia os efectos por exposición a certos tóxicos como o chumbo, o benceno ou o mercurio. Provoca alteracións no olfacto, gusto e tamén na memoria e no estado de vixilancia.
Ao fumar un cigarro prodúcese unha elevación do ritmo cardíaco, da frecuencia respiratoria e a tensión arterial, o que produce un aumento do ton do organismo.
Ao inhalar o fume, a nicotina actúa no cerebro de forma case inmediata producindo unha acción recompensante para o suxeito; a reiterada práctica desta conduta termina por consolidarse na conduta do fumador.
Fumar produce mal alento, amarelea os dentes e impregna mans e roupa de mal cheiro.
Riscos
O tabaquismo é considerado na actualidade como a principal causa previsible de enfermidade e morte prematura.
Dos múltiples riscos sanitarios demostrados, podemos resaltar os seguintes:
Fumar é un hábito que se recoñeceu prexudicial tamén para a columna. Existen estudos que demostran que a incidencia da dor de costas e dos problemas discais é moitísimo máis elevada nos fumadores que nos fumadores. Este fenómeno está relacionado coa nutrición dos tecidos: o tabaco é un vasoconstritor que non favorece a chegada do sangue e, polo tanto, a nutrición do disco invertebral, que se ve obrigado a realizar un traballo enorme, sometido a tensións e presións. A súa maior ou menor resistencia ante as ditas presións determinará que se estrague antes ou despois en cada individuo.
A súa incidencia no ámbito laboral tamén é moi importante: o tabaco pode ser a causa de accidentes como incendios, explosións... en especial cando se traballa con sustancias volátiles. Ademais, as alteracións nalgúns sentidos, como o olfacto, aumentan o risco de accidentes, sobre todo cando se manexan sustancias perigosas ás que se lles engaden produtos odorantes para a súa detección.
Fumadores pasivos
Nenos
Os bebés que nacen de nais fumadoras:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible