Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Deportes

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Novas Matrículas E.D.M. - Curso 2024/25

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - NOVAS MATRÍCULAS PARA O CURSO 2024-2025

Esta convocatoria pública regula a oferta de prazas libres das Escolas Deportivas Municipais (EDM) para o curso 2024-2025. A duración das actividades estenderase desde outubro de 2024 a xuño de 2025, seguindo o calendario escolar aprobado pola Xunta de Galicia no relativo a festivos, vacacións de Nadal, etc.

Será de aplicación o indicado nas bases reguladoras da convocatoria de renovación e novas matrículas das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2024-25 (en diante Convocatoria EDM-24) publicadas no taboleiro de edictos deste Concello durante o período comprendido entre o 24 de abril e o 30 de abril de 2024, ambos os días incluídos.

Nesta páxina web reflíctese un extracto da información recollida no anexo á convocatoria. Pode consultar o anexo que regula esta convocatoria no documento adxunto no pé de páxina ou na seguinte ligazón:

PERSOAS DESTINATARIAS

As prazas libres están dirixidas ás persoas que non teñan xa concedidas dúas (2) actividades nas EDM (exceptuando as actividades de recuperación funcional de forma temporal e a natación prenatal), incluíndo as que se desenvolven en calquera das instalacións deportivas municipais, San Diego ou Santo Amaro. No caso de que, no momento de realizar a matrícula, se detecte que a persoa xa ten concedidas dúas (2) actividades para o curso 2024-25, perderá o dereito á praza que puidese obter nesta convocatoria.

En primeiro lugar, terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.  

SOLICITUDES:

O prazo abranguerá desde o 2 de setembro de 2024 ás 08:30h, ata o 5 de setembro ás 23.59h.

As solicitudes presentaranse unicamente través do FORMULARIO habilitado na Sede Electrónica do Concello da Coruña no apartado correspondente a "Convocatoria de Prazas Libres das Escolas Deportiva Municipais" da páxina web municipal de Deportes www.coruna.gal/deportes:

As solicitudes que non utilicen o devandito formulario na Sede Electrónica do Concello da Coruña quedarán automaticamente descartadas.

O Servizo Municipal de Deportes poderá comprobar de oficio os datos solicitados.

Cada persoa poderá solicitar un máximo de dous cursos, pero só poderá matricularse nun único curso. Se alguén solicitase máis de dous cursos só se terán en conta as últimas solicitudes rexistradas por esa persoa. Non obstante, se unha vez rematada a convocatoria houbese prazas vacantes poderá realizarse a matrícula nos cursos que estean dispoñibles.

Segundo a base 3.12 da Convocatoria EDM-24: para matricularse nos grupos das EDM de Natación de 9-11, 12-17, +18, + 60 intenso, Recuperación Funcional e Waterpolo, é requisito ser capaz de nadar 25 m. sen facer pé nin suxeitarse a medios auxiliares fixos ou móbiles. Para o grupo de natación +18 intenso é preciso saber nadar 100 metros empregando dous estilos.

SOLICITUDES PARA MENORES DE IDADE: tendo en conta que para AS PRAZAS PARA OS MENORES DE IDADE serán os titores legais os que realicen a solicitude. Aplicarase esta base para todas as persoas con custodia.

  1. Cada menor só poderá consta nunha única solicitude (individual ou familiar). No caso de rexistrar para unha mesma persoa máis dunha solicitude, só se terá en conta á última, anulando de oficiio con esta todas as feitas con anterioridade. 
  2. Aclárase que as persoas beneficiarias sempre e cando sexan menores ou dipoñan dun custodio, só poderán realizar a solicitude de preinscrición e a matrícula os/as titores legais ou custodios. No caso de custodia compartida, os interesados deberán poñerse de acordo previamente; no caso de non acadar acordo, deberán remitirse ao Servizo de mediación de familia da Xunta de Galicia ou organismo competente, que seran quen determine que custodio debe formalizar a solicitude e a matrícula. 

SOLICITUDE FAMILIAR: condicionada á mesma modalidade deportiva e horario.

  • Para colaborar na conciliación familiar, para aqueles que desexen optar á mesma modalidade deportiva e horario, deberán cubrir un único formulario de preinscrición no que inscribirán a todos os menores, coa condición de que sexan membros da mesma unidade familiar ou que demostren convivencia no mesmo domicilio. Neste sentido, no momento de formalizar a matrícula, deberán presentar o libro de familia ou xustificante de empadroamento, segundo corresponda,
  • A solicitude familiar permite, nun mesmo formulario, a preinscrición de ata 4 membros da mesma unidade familiar. No caso de superar esta cifra, deberá facelo noutro formulario correlativo se desexan optar á mesma actividade.
  • No caso de que se presenten solicitudes-formularios diferentes, non se garante a asistencia á mesma actividade.

IDADES:

Solicitaranse as actividades en función da idade da persoa que desexa participar. Para estes efectos, considerarase a idade referida na data do 31 de decembro de 2024.

OFERTA DE ACTIVIDADE E PRAZAS:

Pódese consultar a oferta de prazas nos despregables que están a continuación, no documento anexo ao pé da páxina ou directamente no formulario de preinscrición.

fértanse un total de 1178 prazas, distribuídas da seguinte forma:

EDM 6-8, 9-11 e 12-17 ANOS (DESPREGABLE)

EDM PRAZAS LIBRES PROGRAMA INSTALACIÓN
4281 - AIKIDO 6-8 ANOS RIAZOR ME 18:00-19:00 14 EDM out-xuño 6-8 ANOS C.D. RIAZOR
4512 - BOXEO 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:00-18:00 13 C.D. RIAZOR
4514 - CICLISMO 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 10 C.D. RIAZOR
4299 - IUDO 6-8 ANOS RIAZOR LU 18:00-19:00 13 C.D. RIAZOR
4370 - MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 17:00-18:00 10 C.D. TORRE
4371 - MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 18:00-19:00 7 C.D. TORRE
4372 - MINITENIS 6-8 ANOS TORRE MA-XO 19:00- 20:00 8 C.D. TORRE
4533 - NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU 16:30-17:15 5 C.D. RIAZOR
4386 - NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:15-18:00 10 C.D. RIAZOR
4387 - NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-18:45 6 C.D. RIAZOR
4388 - NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 13 C.D. RIAZOR
4389 - NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 7 C.D. RIAZOR
4390 - NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 17:15-18:00 9 C.D. RIAZOR
4391 - NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 9 C.D. RIAZOR
4392 - NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 18:45-19.30 10 C.D. RIAZOR
4393 - NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR MA-XO 19:30-20:15 7 C.D. RIAZOR
4534 - NATACION INIC. 6-8 ANOS RIAZOR ME 16:30-17:15 3 C.D. RIAZOR
NATACIÓN INICIACIÓN 6-8 ANOS SANTO AMARO MA-XO 18:00 5 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN SEN NIVEL 6-8 AÑOS SAN DIEGO MA-XO 17:30 2 CPM SAN DIEGO
NATACIÓN SEN NIVEL 6-8 ANOS SAN DIEGO LU-ME 16:45 9 CPM SAN DIEGO
4357 - PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 16:45-17:30 16 C.D. RIAZOR
4358 - PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 17:30-18:15 14 C.D. RIAZOR
4359 - PATINAXE ART. 6-8 ANOS RIAZOR LU-ME 18:15-19:00 17 C.D. RIAZOR
4819 - WATERPOLO 6-8 ANOS RIAZOR VE 17:00-18:00 8 C.D. RIAZOR
4382 - XIMNASIA INIC. 6-8 ANOS SAG FAM MA-XO 18:00-18:45 11 POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA
4384 - XOGOS PREDEPORTIVOS 6-8 ANOS RIAZOR LU 17:00-18:00 9 C.D. RIAZOR
EDM PRAZAS LIBRES PROGRAMA INSTALACIÓN
4282 - AIKIDO 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 11 EDM out-xuño 9-11 ANOS C.D. RIAZOR
4284 - ATLETISMO 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 13 C.D. RIAZOR
4287 - BADMINTON 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 11 C.D. RIAZOR
4509 - BOXEO 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 10 C.D. RIAZOR
4515 - CICLISMO 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 10 C.D. RIAZOR
4292 - ESGRIMA 9-11 ANOS CASA AUGA LU-ME 18:00-19:00 13 CASA DA AUGA
4300 - IUDO 9-11 ANOS RIAZOR LU-VE 19:00-20:00 12 C.D. RIAZOR
4540 - NATACION PERFEC. 9-11 ANOS RIAZOR LU 16:30-17:15 4 C.D. RIAZOR
4445 - NATACION PERFEC. 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 17:15 -18:00 6 C.D. RIAZOR
4446 - NATACION PERFEC. 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 17:15-18:00 16 C.D. RIAZOR
4447 - NATACION PERFEC. 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 13 C.D. RIAZOR
4449 - NATACION PERFEC. 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 19:30-20:15 4 C.D. RIAZOR
4538 - NATACION PERFEC. 9-11 ANOS RIAZOR VE 17:15-18:00 4 C.D. RIAZOR
NATACIÓN PERFEC. 9-11 ANOS SANTO AMARO LU-ME-VE 18:45 1 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. 9-11 ANOS SANTO AMARO MA-XO 18:45 2 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN SEN NIVEL 9-11 ANOS SAN DIEGO LU-ME 16:45 8 CPM SAN DIEGO
NATACIÓN SEN NIVEL 9-11 ANOS SAN DIEGO MA-XO 16:45 11 CPM SAN DIEGO
4360 - PATINAXE ART. 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 19:00-19:45 8 C.D. RIAZOR
4361 - PATINAXE ART. 9-11 ANOS RIAZOR LU-ME 19:45-20:30 1 C.D. RIAZOR
4377 - TENIS 9-11 ANOS RIAZOR MA-XO 17:00-18:00 2 C.D. RIAZOR
4378 - TENIS 9-11 ANOS RIAZOR ME-VE 19:00-20:00 5 C.D. RIAZOR
4374 - TENIS 9-11 ANOS TORRE LU-ME 19:00-20:00 7 C.D. TORRE
4844 - WATERPOLO 9-11 ANOS RIAZOR VE 17:00-18:00 1 C.D. RIAZOR
4383 - XIMNASIA INIC. 9-11 ANOS SAG FAM MA-XO 18:45-19:30 6 POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA
4385 - XOGOS PREDEPORTIVOS 9-11 ANOS RIAZOR LU 17:00-18:00 5 C.D. RIAZOR
EDM PRAZAS LIBRES PROGRAMA INSTALACIÓN
4283 - ATLETISMO 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:00-20:00 11 EDM out-xuño 12-17 ANOS C.D. RIAZOR
4286 - BADMINTON 12-17 ANOS RIAZOR MA-XO 19:00-20:00 10 C.D. RIAZOR
4513 - BOXEO 12-17 ANOS RIAZOR MA-XO 17:30-18:30 3 C.D. RIAZOR
4809 - BUJUTSU 12-17 ANOS RIAZOR ME 17:00-18:00 9 C.D. RIAZOR
4290 - ESCALADA 12-17 RIAZOR MA-XO 19:00-20:00 6 C.D. RIAZOR
4291 - ESGRIMA 12-17 ANOS CASA AUGA LU-ME-VE 19:00-20:00 19 CASA DA AUGA
4441 - NATACION PERFEC. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 18:00-18:45 14 C.D. RIAZOR
4442 - NATACION PERFEC. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 14 C.D. RIAZOR
4443 - NATACION PERFEC. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 16 C.D. RIAZOR
4444 - NATACION PERFEC. 12-17 ANOS RIAZOR MA-XO 19.30-20:15 4 C.D. RIAZOR
4541 - NATACION PERFEC. 12-17 ANOS RIAZOR ME 16:30-17:15 1 C.D. RIAZOR
5179 - NATACION PERFEC. 12-17 ANOS RIAZOR VE 17:15-18:00 5 C.D. RIAZOR
NATACIÓN PERFEC. 12-17 ANOS SANTO AMARO LU-ME-VE 19:30 7 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. 12-17 ANOS SANTO AMARO MA-XO 19:30 4 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN SEN NIVEL 12-17 ANOS SAN DIEGO LU-ME 17:30 19 CPM SAN DIEGO
4354 - PÁDEL 12-17 ANOS TORRE LU-ME 18:00-19:00 6 C.D. TORRE
4355 - PÁDEL 12-17 ANOS TORRE MA-XO 18:00-19:00 6 C.D. TORRE
4356 - PATINAXE ART. 12-17 ANOS RIAZOR LU-ME 19:45-20:30 2 C.D. RIAZOR
4839 - TENIS 12-17 ANOS NOVO MESOIRO MA-XO 15:45-16:45 3 POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO
4379 - TENIS 12-17 ANOS NOVO MESOIRO ME-VE 16:00-17:00 3 POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO
4375 - TENIS 12-17 ANOS RIAZOR ME-VE 17:00-18:00 2 C.D. RIAZOR
4373 - TENIS 12-17 ANOS TORRE LU-ME 18:00-19:00 3 C.D. TORRE
4381 - XIMNASIA INIC 12-17 ANOS SAG FAM MA-XO 19:30-20:15 13 POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA

EDM 18-60 ANOS (AMBOS INCLUSIVE)- ACTIVIDADES EN SECO (DESPREGABLE)

EDM PRAZAS LIBRES PROGRAMA INSTALACIÓN
4278 - ADESTRAMENTO +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 17:30-18:30 3 EDM out-xuño +18 C.D. RIAZOR
4841 - ADESTRAMENTO +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 19:15-20:15 3 C.D. RIAZOR
4279 - ADESTRAMENTO +18 MOI INT. RIAZOR LU-ME 16:15-17:15 2 C.D. RIAZOR
4280 - ADESTRAMENTO +18 MOI INT. RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 2 C.D. RIAZOR
4285 - BADMINTON +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 7 C.D. RIAZOR
4288 - BAILE DEPORTIVO +18 RIAZOR LU-ME 16:00-17:00 8 C.D. RIAZOR
4289 - BAILE DEPORTIVO +18 RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 6 C.D. RIAZOR
4836 - COSTAS SAUDABLES +18 RIAZOR MA-VE 19:00-20:00 3 C.D. RIAZOR
4840 - COSTAS SAUDABLES +18 RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 4 C.D. RIAZOR
4826 - GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR LU-ME 08:00-08:45 11 C.D. RIAZOR
4296 - GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR LU-ME-VE 11:15-12:00 1 C.D. RIAZOR
4294 - GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 20:15-21:00 3 C.D. RIAZOR
4295 - GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 21:00-21:45 4 C.D. RIAZOR
4298 - IOGA +18 ROSALES LU-ME 10:30-11:30 1 POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4297 - IOGA +18 TORRE MA-XO 09:15-10:15 5 C.D. TORRE
4331 - MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 20:30-21:30 1 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4332 - MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 21:30-22:30 2 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4312 - MANTEMENTO +18 RIAZOR LU-ME-VE 09:00-10:00 1 C.D. RIAZOR
4314 - MANTEMENTO +18 RIAZOR LU-ME-VE 11:00-12:00 1 C.D. RIAZOR
4316 - MANTEMENTO +18 RIAZOR LU-ME-XO 21:00-22:00 3 C.D. RIAZOR
4306 - MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-VE 20:00-21:00 4 C.D. RIAZOR
4307 - MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-VE 21:00-22:00 1 C.D. RIAZOR
4308 - MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-XO 10:00-11:00 3 C.D. RIAZOR
4837 - MANTEMENTO +18 RIAZOR MA-XO 12:00-13:00 4 C.D. RIAZOR
4338 - MANTEMENTO +18 ROSALES MA-XO 10:00-11:00 5 POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4343 - MANTEMENTO +18 SAN FCO XABIER LU-ME-VE 20:00-21:00 2 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO JAVIER
4344 - MANTEMENTO +18 SAN FCO XABIER LU-ME-VE 21:00-22:00 3 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XABIER
4301 - MANTEMENTO +18 TORRE LU-ME-VE 11:00-12.00 1 C.D. TORRE
EDM SAN DIEGO - EDM MANTEMENTO LU-ME 11:00 - CURSO EN SECO 1 CPM SAN DIEGO
4346 - MARCHA NÓRDICA +18/+60 RIAZOR LU-ME 10:00-11:00 4 C.D. RIAZOR
4546 - PÁDEL +18 TORRE LU-ME 10:00-11:00 4 C.D. TORRE
4547 - PÁDEL +18 TORRE LU-ME 11:00-12:00 5 C.D. TORRE
4348 - PÁDEL +18 TORRE LU-ME 16:00-17:00 7 C.D. TORRE
4349 - PÁDEL +18 TORRE LU-ME 17:00-18:00 2 C.D. TORRE
4548 - PÁDEL +18 TORRE LU-ME 20:00-21:00 4 C.D. TORRE
4845 - PÁDEL +18 TORRE LU-ME 21:00-22:00 2 C.D. TORRE
4549 - PÁDEL +18 TORRE MA-XO 10:00-11:00 1 C.D. TORRE
4550 - PÁDEL +18 TORRE MA-XO 11:00-12:00 1 C.D. TORRE
4352 - PÁDEL +18 TORRE MA-XO 17:00-18:00 4 C.D. TORRE
4551 - PÁDEL +18 TORRE MA-XO 20:00-21:00 3 C.D. TORRE
4842 - PÁDEL +18 TORRE MA-XO 21:00-22:00 3 C.D. TORRE
4362 - PILATES +18 BARRIO LU-ME 10:00-11:00 1 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4363 - PILATES +18 BARRIO MA-XO 09:30-10:30 3 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4827 - PILATES +18 NOVO MESOIRO LU-ME 08:00-09:00 11 POLIDEPORTIVO NOVO MESOIRO
4365 - PILATES +18 RIAZOR LU-ME 18:00-19:00 3 C.D. RIAZOR
4366 - PILATES +18 RIAZOR LU-ME-VE 20:00-21:00 2 C.D. RIAZOR
4368 - PILATES +18 ROSALES LU-ME 09:30-10:30 6 POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4369 - PILATES +18 ROSALES MA-XO 08:00-09:00 7 POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4364 - PILATES +18 TORRE MA-XO 11:00-12:00 2 C.D. TORRE
4817 - TONIFICACIÓN MÁQUINAS +18 RIAZOR MA-XO 17:00-18:00 4 C.D. RIAZOR
4535 - TONIFICACIÓN MÁQUINAS +18 RIAZOR MA-XO 18:00-19:00 6 C.D. RIAZOR
4851 - ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 10 C.D. RIAZOR
4852 - ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 09:00-10:00 9 C.D. RIAZOR
4821 - ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 9 C.D. RIAZOR
4822 - ZUMBA +18 ROSALES MA-XO 11:00-12:00 7 POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4831 - ZUMBA +18 SAN FCO. XABIER LU-ME 18:00-19:00 8 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XABIER
4833 - ZUMBA +18 SAN FRANCISCO XABIER LU-ME 19:00-20:00 6 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XABIER
4850 - ZUMBA +18 SAN FCO. XABIER MA-XO 18:00-19:00 4 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XABIER
4820 - ZUMBA +18 SAN FRANCISCO XABIER MA-XO 19:00-20:00 3 POLIDEPORTIVO SAN FRANCISCO XABIER

EDM 18-60 ANOS (AMBOS INCLUSIVE)- ACTIVIDADES EN PISCINA (DESPREGABLE)

EDM PRAZAS LIBRES PROGRAMA INSTALACIÓN
NATACIÓN INICIACIÓN ADULTOS SAN DIEGO LU-ME 8:45 - INICIACION 2 EDM out-xuño +18 CPM SAN DIEGO
4830 - NATACION +18 INTENSO RIAZOR LU-ME 11:45-12:30 4 C.D. RIAZOR
4420 - NATACION +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 21:45-22:30 3 C.D. RIAZOR
4421 - NATACION +18 MOI INTENSO RIAZOR LU-ME 21:45-22:30 8 C.D. RIAZOR
4394 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 18:00-18:45 4 C.D. RIAZOR
4395 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 18:45-19:30 1 C.D. RIAZOR
4396 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 19:30-20:15 4 C.D. RIAZOR
4397 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 20:15-21:00 4 C.D. RIAZOR
4398 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 21:00-21:45 1 C.D. RIAZOR
4399 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME 21:45-22:30 1 C.D. RIAZOR
4413 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 08:00-08:45 4 C.D. RIAZOR
4414 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 08:45-09:30 3 C.D. RIAZOR
4415 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 09:30-10:15 3 C.D. RIAZOR
4416 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 10:15-11:00 1 C.D. RIAZOR
4417 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 11:00-11:45 1 C.D. RIAZOR
4418 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 12:30-13:15 1 C.D. RIAZOR
4419 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR LU-ME-VE 13:15-14:00 3 C.D. RIAZOR
4400 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 08:00-08:45 3 C.D. RIAZOR
4401 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 08:45-09:30 1 C.D. RIAZOR
4402 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 09:30-10:15 3 C.D. RIAZOR
4403 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 10:15-11:00 3 C.D. RIAZOR
4404 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 11:00-11:45 2 C.D. RIAZOR
4405 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 11:45-12:30 1 C.D. RIAZOR
4408 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 18:00-18:45 1 C.D. RIAZOR
4409 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 18:45-19:30 5 C.D. RIAZOR
4479 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 19:30-20:15 3 C.D. RIAZOR
4410 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 20:15-21.00 2 C.D. RIAZOR
4411 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 21:00-21:45 4 C.D. RIAZOR
4412 - NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 21:45-22:30 2 C.D. RIAZOR
NATACIÓN PERFEC.+18 ANOS SAN DIEGO MA-XO 8:45 2 CPM SAN DIEGO
NATACIÓN PERFEC. +18 ANOS SAN DIEGO MA-XO 11:45 1 CPM SAN DIEGO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO LU-ME-VE 08:45 3 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO LU-ME-VE 09:30 4 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO LU-ME-VE 10:15 2 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO LU-ME-VE 11:00 8 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO LU-ME-VE 11:45 8 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO LU-ME-VE 20:15 1 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO LU-ME-VE 21:00 7 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO MA-XO 08:00 3 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO MA-XO 08:45 1 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO MA-XO 09:30 8 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO MA-XO 10:15 2 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO MA-XO 11:00 6 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO MA-XO 11:45 12 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO MA-XO 20:15 5 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO MA-XO 21:00 4 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN PERFEC. +18 SANTO AMARO MA-XO 21:45 5 PISCINA SANTO AMARO

EDM +60 E +65 ANOS - ACTIVIDADES EN SECO (DESPREGABLE)

EDM PRAZAS LIBRES PROGRAMA INSTALACIÓN
4537 - BADMINTON +60 INTENSO TORRE MA-XO 12:00-13:00 4 EDM out-xuño +60 C.D. TORRE
4543 - COSTAS SAUDABLES +60 RIAZOR MA-XO 16:30-17:30 3 C.D. RIAZOR
4843 - COSTAS SAUDABLES +60 RIAZOR ME-VE 16:00-17:00 4 C.D. RIAZOR
4813 - FLEXIBILIDADE +60 RIAZOR MA-XO 09:00-09:45 3 C.D. RIAZOR
4554 - IOGA +60 ROSALES LU-ME 11:30-12:30 1 POLIDEPORTIVO OS ROSALES
4337 - MANTEMENTO +60 BAR MA-XO 12:00-13:00/VE11:00-12:00 4 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4335 - MANTEMENTO +60 BARRIO LU-MA-XO 09:00-10:00 5 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4336 - MANTEMENTO +60 BARRIO LU-MA-XO 11:00-12:00 4 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4333 - MANTEMENTO +60 BARRIO ME-VE 09:00-10:00 1 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4334 - MANTEMENTO INTENSO +60 BARRIO LU-ME-VE 10:00-11:00 2 POLIDEPORTIVO BARRIO DAS FLORES
4342 - MANTEMENTO INTENSO +60. SAG FAM LU-ME-VE 21:00-22:00 7 POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA
4324 - MANTEMENTO INTENSO +60 RIAZOR LU-ME-VE 08:00-09:00 4 C.D. RIAZOR
4315 - MANTEMENTO INTENSO +60 RIAZOR LU-ME-VE 18:30-19:30 1 C.D. RIAZOR
4302 - MANTEMENTO INTENSO +60 TORRE LU-ME-VE 10:00-11:00 2 C.D. TORRE
4330 - MANTEMENTO +60 RIAZOR LU-ME-VE 12:45-13:30 3 C.D. RIAZOR
4317 - MANTEMENTO +60 RIAZOR MA-XO 10:30-11:15 2 C.D. RIAZOR
4318 - MANTEMENTO +60 RIAZOR MA-XO 11:15-12:00 1 C.D. RIAZOR
4319 - MANTEMENTO +60 RIAZOR MA-XO 12:00-12:45 1 C.D. RIAZOR
4320 - MANTEMENTO +60 RIAZOR MA-XO 12:45-13:30 3 C.D. RIAZOR
4340 - MANTEMENTO +60 SAGRADA FAM LU-ME-VE 19:00-20:00 2 POLIDEPORTIVO SAGRADA FAMILIA
4303 - MANTEMENTO +60 TORRE LU-ME-VE 09:15-10:00 1 C.D. TORRE
4304 - MANTEMENTO +60 TORRE LU-ME-VE 12:00-12:45 5 C.D. TORRE
4305 - MANTEMENTO +60 TORRE LU-ME-VE 12:45-13:30 4 C.D. TORRE
4346 - MARCHA NÓRDICA +18/+60 RIAZOR LU-ME 10:00-11:00 4 C.D. RIAZOR
4347 - MARCHA NÓRDICA +60 TORRE LU-ME 11:30-12:30 3 C.D. TORRE
4367 - PILATES  INTENSO +60 RIAZOR LU-ME-VE 12:00-13:00 2 C.D. RIAZOR
4556 - PILATES +60 TORRE MA-XO 10:15-11:00 1 C.D. TORRE

EDM +60 E +65 ANOS - ACTIVIDADES EN PISCINA (DESPREGABLE)

EDM PRAZAS LIBRES PROGRAMA INSTALACIÓN
4422 - NATACION INICIACIÓN +60 RIAZOR LU-ME 10.00-10.45 3 EDM out-xuño +60/+65 C.D. RIAZOR
4423 - NATACION INTENSO +60 RIAZOR LU-XO 16:30-17:15 4 C.D. RIAZOR
4424 - NATACION E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 09:00-09:40 2 C.D. RIAZOR
4425 - NATACION E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 09:40-10:20 3 C.D. RIAZOR
4426 - NATACION E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 10:20-11:00 3 C.D. RIAZOR
4427 - NATACION E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 11:00-11:40 1 C.D. RIAZOR
4428 - NATACION E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 11:40-12:20 6 C.D. RIAZOR
4429 - NATACION E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 12:20-13:00 6 C.D. RIAZOR
4431 - NATACION E XIM. AC. +60 RIAZOR MA-XO 13:40-14:20 6 C.D. RIAZOR
4435 - NATACION E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE 10:20-11:00 4 C.D. RIAZOR
4436 - NATACION E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE 11:00-11:40 10 C.D. RIAZOR
4437 - NATACION E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE 11:40-12:20 3 C.D. RIAZOR
4438 - NATACION E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE 12:20-13:00 3 C.D. RIAZOR
4440 - NATACION E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE 13:40-14:20 4 C.D. RIAZOR
NATACIÓN +65 SANTO AMARO LU-ME-VE 11:00 4 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN +65 SANTO AMARO LU-ME-VE 11:45 8 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN +65 SANTO AMARO LU-ME-VE 12:30 4 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN +65 SANTO AMARO MA-XO 09:30 1 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN +65 SANTO AMARO MA-XO 10:15 3 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN +65 SANTO AMARO MA-XO 11:00 1 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN +65 SANTO AMARO MA-XO 11:45 1 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN +65 SANTO AMARO MA-XO 12:30 6 PISCINA SANTO AMARO
NATACIÓN INICIACIÓN +65 SAN DIEGO  LU-ME 10:15 2 CPM SAN DIEGO

NATACIÓN INICIACIÓN +65 SAN DIEGO  LU-ME 11:45

3 CPM SAN DIEGO
NATACIÓN INICIACIÓN +65 SAN DIEGO  MA-XO 11:45 2 CPM SAN DIEGO
NATACIÓN MEDIA +65 SAN DIEGO  LU-ME 11:00 1 CPM SAN DIEGO
NATACIÓN MEDIA +65 SAN DIEGO  LU-ME 10:15 2 CPM SAN DIEGO

PRAZOS:

  • Presentación de solicitudesdesde o 2 de setembro de 2024 ás 08:30h, ata o 5 de setembro ás 23.59h.
  • Listaxe provisional de solicitantes9 de setembro de 2024 a partir das 14:00h.
  • Corrección de errosdesde a publicación da listaxe ata o 10 de setembro de 2024 ás 23.59h.
  • Listaxe definitiva de solicitantes11 de setembro de 2024 ás 12:30h.
  • Sorteo: 11 de setembro de 2024 ás 14:00h
  • Listaxe de persoas admitidas e en listaxe de agarda: 13 de setembro de 2024 á partir das 14:30h
  • Matrículas de persoas admitidas: PRESENCIAL, segundo listaxe desde o 16 ao 20 de setembro.
  • Publicación do 1º movemento da lista de espera23 de setembro de 2024.
  • Matrícula do 1º movemento da lista de espera24 ao 27 de setembro de 2024.
  • Publicación do 2º movemento da lista de espera30 de setembro de 2024.
  • Matrícula do 2º e último movemento da lista de espera: 1 ao 4 de outubro de 2024.
  • Publicación das prazas a libre disposición: a partir do venres 4 de outubro de 2024, todos os venres ata o último venres de xaneiro de 2025. As matrículas poderán facerse a partir do luns seguinte a cada publicación e ata o seguinte venres.

PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS E NORMAS XENÉRICAS:

LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR PERSOA

Inicialmente, só se poderá obter unha praza neste proceso da convocatoria. No formulario de prescrición poderanse elixir ata dúas (2) opcións, pero só poderá matricularse nun único curso. 

Non obstante, se unha vez rematada a convocatoria, houbese prazas vacantes poderá realizarse a matrícula nos cursos que estean dispoñibles.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES

Unha vez presentadas todas as solicitudes de preinscrición, esta lista publicarase nesta páxina web, para coñecemento xeral, o 9 de setembro de 2024 a partir das 14.00 h., asignándose un número para o sorteo público e na que se poderán revisar os datos persoais. Aclarase que:

a) A asignación do número farase preferentemente por orde de entrada da solicitude.

b) No caso de solapamento de orde de entrada ou da admisión de emenda de erros, asignarase correlativamente o primeiro número libre.

CORRECCIÓN DE ERROS

As alegacións poderanse realizar desde a publicación da listaxe provisional e ata as 23.59 h do 10 de setembro de 2024.

A listaxe definitiva de persoas solicitantes, despois das alegacións, publicarase o 11 de setembro de 2024, ás 12:30h.

SORTEO PÚBLICO

No suposto de que existan máis solicitudes que prazas, para establecer a orde de adxudicación de prazas celebrarase un sorteo público para establecer o número referente para adxudicación que será o primerio admitido e as seguintes adxudicacións, sempre e cando cumpran os requisitos destas bases. Realizarase o 11 de setembro de 2024 ás 14.00 h.

Segundo a base 2.6 da convocatoria de renovación e novas matrículas das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2024-2025, establécese a orde de preferencia para a adxudicación das prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior que as ofertadas, realizarase sorteo:

  • A partir do número resultante no sorteo asignaranse as prazas da listaxe de persoas admitidas e a listaxe de agarda.
  • Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza en primeira instancia pasarán a formar parte da listaxe de agarda.
  • En todo caso, terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña.

LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E EN LISTAXE DE AGARDA

Publicarase o día 13 de setembro de 2024 a partir das 14:30h.

MATRÍCULA DE PERSOAS ADMITIDAS

A formalización da matrícula será PRESENCIAL, segundo listaxe desde o 16 ao 20 de setembro nas seguintes oficinas:

  • Oficinas administrativas do Palacio dos Deportes de Riazor de 08.15 ás 14.00 h. Terán preferencia as citas previas.
  • Club do Mar de Santo Amaro para as actividades na piscina municipal de Santo Amaro.
  • Complexo Deportivo Municipal de San Diego para as actividades nesta instalación.

A non formalización da matrícula nas datas indicadas entenderse que o/a solicitante, e no seu caso sus titores legales, renuncian á solicitude.

Documentación que debe achegarse: DNI e folla de matrícula. Menores de 14 anos: DNI, de non telo o Libro de Familia, e DNI dos/as proxenitores/as ou titores/as. Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: o documento legal que a acredite a tutela e do DNI do/a titor/a.

LISTAXE DE AGARDA

Nas instalacións de xestión municipal indirectas: as actividades no Complexo Deportivo Municipal de San Diego e Piscina Municipal de Santo Amaro xestionarán directamente a listaxe de agarda.

Listaxe de agarda nas instalacións de xestión municipal directa: Centros Deportivos de Riazor, Cidade Deportiva da Torre e Polideportivos Barrio das Flores, Sagrada Familia, Os Rosales, San Francisco Xabier e Novo Mesoiro, así como a Casa da Auga.

Realizaranse dous movementos da listaxe de agarda:

  • 1º Movemento da listaxe de agarda:
    • Publicación das persoas da lista de espera que obtiveron praza despois do movemento da lista: 23 de setembro de 2024
    • A formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación realizarase: do 24 ao 27 de setembro de 2024, nas oficinas indicadas no punto 6.8.
  • 2º Movemento da listaxe de agarda:
    • Publicación das persoas da lista de espera que obtiveron praza despois do movemento da lista: 30 de setembro de 2024
    • A formalización da matrícula das persoas que se atopen nesta situación realizarase: do 1 ao 4 de outubro de 2024, nas oficinas indicadas no punto 6.8.

A non formalización da matrícula nas datas indicadas entenderse que o/a solicitante, e no seu caso sus titores legales, renuncian á solicitude.

PUBLICACIÓN DAS PRAZAS A LIBRE DISPOSICIÓN

A partir do venres 4 de outubro de 2024.

A partir da publicación das prazas dispoñibles todos os venres a partir das 14.00 h ata o 31 de xaneiro do 2025 publicaranse na páxina web www.coruna.gal/deportes, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas e no teléfono de atención cidadá 010 as prazas que aínda quedasen vacantes. Ademais, as persoas interesadas poderanse matricular na semana seguinte de cada publicación actualizada das prazas vacantes.

Agás as EDM para menores de 18 anos nas que por motivos didácticos e pedagóxicos as matrículas só permanecerán abertas ata o 31 de decembro de 2024, agás que, polo baixo índice de matriculación e sempre apoiado por informes favorables do SMD, se decida excepcionalmente, permitir a matriculación nun período posterior.

Estas matriculacións efectuaranse por rigorosa orde de chegada con cita previa, nas oficinas do SMD (sitas no Palacio dos Deportes de Riazor) e as prazas correspondentes a San Diego e Santo Amaro nas ditas instalacións.

NORMAS DE ASISTENCIA DURANTE O CURSO ESCOLAR 2024-2025

Establécese unha porcentaxe de asistencia obrigatoria nas EDM do 60% das sesións lectivas do curso.

O alumnado só poderá, polo tanto, ter unha porcentaxe de falta inferior ao 40% das sesións anuais do curso. Esta situación deberá ser excepcional, o alumnado deberá, como norma xeral, asistir ás clases.

Non se requirirá que o alumnado presente un xustificante pola súa falta de asistencia. Non existe distinción entre falta xustificada e non xustificada.

No caso de que se chegue ao 40% de faltas de asistencia o/a alumno/a debe causar baixa nas EDM sen dereito a percibir a devolución da correspondente taxa.

Non obstante no caso de ausencia continuada do/a alumno/a, a pesar de non ter chegado a ese 40% de faltas de asistencia e logo do previo informe do profesorado, poñerémonos en contacto co/a alumno/a para que nos xustifique o motivo da súa ausencia co fin de ofertar esa praza no caso de estar vacante en calquera momento do curso

CAMBIOS DE HORARIO DURANTE O CURSO ESCOLAR 2024-25

Aquelas persoas que por circunstancias de conciliación laboral, persoal ou de calquera outra índole desexen cambiar o horario, na mesma modalidade deportiva, poderán acceder ás prazas vacantes que se publicarán unha vez rematada a convocatoria de novas matrículas sendo: ata o 31 de xaneiro de 2025 para maiores de 18 anos e para menores de 18 ata o 31 de decembro de 2024, que estarán a libre disposición.

Se for o caso, deberán tramitar conxuntamente a baixa no grupo do que desexan marchar e a alta no novo horario, sen necesidade de aboar novamente a taxa, agás a diferenza no importe no caso de pasar dunha frecuencia menor a unha frecuencia semanal maior (por exemplo, de dous días á semana a tres días á semana).

Unha vez rematado este prazo, non se admitirán máis cambios e deberán agardar á seguinte renovación co seu conseguinte novo prazo de cambios.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou San Amaro entre si nin co resto de instalacións

Taxas EDM 2024-25

Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais

TAXAS VIXENTES CURSO 2024-25

*Consultar taxas reducidas para rendemento económico ou IPREM. 

Máis información na  Ordenanza fiscal nº 15, reguladora de la tasa por la prestación de los servicios en las instalaciones Deportivas Municipales.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Menores de 18 anos Actividades en auga e seco 1 día - 18,81 €
2 días - 37,60 €
3 días - 55,93€
Recuperación Funcional 2 días - 69,93 €
3 días - 84,78 €
Entre 18 e 64 anos Actividades en auga e seco 1 día - +18 anos - 28,41 €
2 días -  +18 anos - 56.83 €
3 días - +18 anos - 84,79 €
Recuperación Funcional 2 días - +18 anos - 97,92 €
3 días - +18 años - 124,92 €
Maiores de +65 anos Actividades en auga e seco 1 día - +65 anos - 5,25 €
2 días -  +65 anos - 10,49 €
3 días - +65 anos - 16,62 €
Recuperación Funcional 2 días - +65 anos - 59,31 €
3 días - +65 anos - 74,16 €

Documentos relacionados

  • Anexo Convocatoria - Nuevas Matrículas E.D.M. 2024/25 (813 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión