Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa deportivo "en liña"

#ActívomeNaCasa #EuQuedoNaCasa #YoMeQuedoEnCasa #MeActivoEnCasa

Como agora tamén é momento de quedar na casa, e coidarnos entre todas e todos, coa finalidade de axudarvos a manter unha vida activa e saudable, aquí está o Programa deportivo "en liña" para axudarche a facer o exercicio que precisas.

Continúa coa actividade física na túa casa e non pares!

OBXECTIVOS:

  • Evitar o sedentarismo
  • Activar corpo e mente para mellorar o benestar xeral
  • Conseguir pasar o menor tempo sentado/a.
  • Contribuír a crear unha rutina diaria de vida saudable
  • Reducir tempos de pantalla, descansando a vista.
  • Manter e/ou mellorar a forza, coordinación, flexibilidade, resistencia, equilibrio, axilidade, percepción corporal, espacial, temporal e a relaxación.

DESTINATARIOS:

Desde menores a partir de 6 anos, jovenes, persoas adultas, maiores e familias.

MATERIAIS NECESARIOS:

Ningún, ou material diverso que habitualmente se pode atopar en cada casa: botellos de auga, paquetes de arroz ou pasta, medias ou calcetíns...

RECOMENDACIÓNS:

  • Antes de realizar calquera sesión, fai falta dedicar entre 10 e 20 minutos ao quecemento e á activación cardiopulmonar.
  • Indumentaria: cómoda, flexible, zapatillas de deporte ou descalzo/a en función da actividade.
  • Non esquecer a hixiene persoal.
  • É importante hidratarse antes, durante e ao finalizar a sesión de exercicio físico.

ACTIVIDADES E INTENSIDADES:

  • Intensidades: suave, moderada, intensa
  • Actividades:
    • Para todas as idades: quecemento previo a calquera actividade, estiramentos para volver á calma e finalizar calquera sesión.
    • Para nenas e nenos: xogos de coordinación, percepción corporal, espacial e temporal, coordinación, equilibrio, flexibilidade.
    • Mocidade: acondicionamento físico moderado - intenso, tonificación moderada - intensa, mantemento, pilates, sesión aeróbica.
    • Persoas adultas: acondicionamento físico suave - moderado - intenso, tonificación suave - moderada - intensa, mantemento, pilates, sesión aeróbica.
    • Maiores: acondicionamento físico suave - moderado, tonificación suave, mantemento, pilates, sesión aeróbica.

Actividades - En liña

Quecemento +60

Quecemento xeral 1

Quecemento xeral 2

Quecemento con Quique from Concello da Coruña on Vimeo.

Estiramentos

Estiramentos from Concello da Coruña on Vimeo.

Estiramentos 3

Estiramentos +60

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión