Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

A Coruña será o epicentro das grandes competicións do vólei praia autonómico e nacional durante as vindeiras dúas semanas

Xa se están a ultimar os preparativos para acoller o Campionato Galego Sénior e o III Trofeo Cidade da Coruña, incluído no Circuito Nacional de Vólei Praia. As dúas citas terán lugar na praia do Orzán

Cuándo:

24 de julio de 2024

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, participou no acto de presentación da cuarta edición do programa 'A Coruña é Vólei Praia', unha iniciativa na que o Concello colabora coa Federación Galega de Voleibol para reunir na praia do Orzán ás e aos mellores xogadores da modalidade.

As competicións previstas arrancarán esta fin de semana. Concretamente, o sábado 27 e o domingo 28, cando terá lugar o Campionato Galego Sénior, coa participación de case un cento de deportistas tanto en modalidade feminina coma masculina. 

Xa a vindeira semana, entre os días 3 e 4 de agosto, terá lugar a competición do III Trofeo Cidade da Coruña, unha proba incluída no Circuito Nacional de Vólei Praia e na que tamén está prevista a participación doutro cento de profesionais do vólei praia. Será, unha vez máis, na praia do Orzán, con partidos tanto o sábado, en horario de mañá e tarde, coma o domingo, en horario matinal.

Nereida Canosa puxo en valor o compromiso do Goberno de Inés Rey para posicionar A Coruña como unha cidade de referencia a respecto ao desenvolvemento de eventos deportivos en espazos naturais, "aproveitando localizacións ao aire libre para fomentar a práctica do deporte e os hábitos saudables, visibilizando disciplinas en auxe coma o vólei praia e achegándoas á cidadanía, tanto aos adultos coma aos máis pequenos".

No acto de presentación de 'A Coruña é Vólei Praia' tamén participaron José Ángel Luna Bargo, presidente da Federación Galega de Voleibol e vicepresidente da Real Federación Española de Voleibol, e Juan Carlos Suárez, director técnico da Federación Galega de Voleibol.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión