10 de abril de 2024
Ábrese un prazo de presentación de enmendas de cinco días hábiles, dende o 11 ao 17 de abril de 2024
Publícase a listaxe provisional das persoas admitidas e non admitidas para participar na selección do PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA XII, organizado pola Concellaría de Educación do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os 9 centros docentes asociados.
Ábrese un prazo de presentación de enmendas de cinco días hábiles, dende o 11 ao 17 de abril de 2024, para que, no caso que corresponda, se poidan realizar alegacións sobre a base da documentación presentada.
Ditas alegacións deberán ser presentadas en calquera dos rexistros municipais (situados no Pazo municipal de María Pita, Forum Metropolitano e Ágora) ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Unha vez examinadas as alegacións, publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas, a partir do 23 de abril.
Calquera aclaración ou consulta pódese facer no correo educacion@coruna.gal ou no teléfono 981 184 200, extensión 10259 (en horario de 9.00 a 14.00h).
Programa ao que pertence
O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, ofrece a titulados de grao superior de FP a oportunidade de realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de diversos países de Europa (Malta, Italia, Portugal, República Checa, Polonia ou Austria), para promover a adquisición de competencias profesionais e mellorar as oportunidades de emprego, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible