5 de xullo de 2024
Ábrese un prazo do 8 ao 12 de xullo para a aceptación de participación no programa
Publícanse as listaxes definitivas das persoas seleccionadas e de agarda (e excluídas) para participar no PROGRAMA DE BOLSAS FP-PROXECTO ACOREUROPA XII, organizado pola Concellaría de Educación do Concello da Coruña, en convenio co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) e os 9 centros docentes asociados.
Reunida a Comisión de Valoración, o 27 de xuño de 2024, non habendo alegacións as listaxes provisionais, realizada a revisión dos certificados de estudos das persoas admitidas e unha vez realizadas as xestións de busca de empresas nos países de destino, (en función da competencia lingüística das persoas seleccionadas e da existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico), procédese á publicación das ditas listaxes definitivas (no documento relacionado) segundo a cláusula 10.6. das bases:
"Publicaranse as listaxes definitivas derivadas da proposta de resolución definitiva do órgano instrutor nos medios indicados no punto 10.8. destas bases. As listaxes comprenderán:
a) As persoas seleccionadas (tantos como prazas se oferten no programa), sinalando o posible país de destino.
As persoas seleccionadas terán prioridade para optar ao país de destino solicitado para as súas prácticas formativas, de acordo coa orde de adxudicación definitiva. Non obstante, o destino final sempre estará supeditado á existencia de empresas axeitadas ao seu perfil profesional e académico, e á súa capacitación lingüística no idioma de destino. No caso de que non sexa posible asignar a praza solicitada pola persoa seleccionada, o SME procurará asignar unha que se axuste o máximo posible ás preferencias e ao perfil desta persoa e respectando, a ser posible, a orde preferencia de destinos solicitada na súa ficha de inscrición.
b) As persoas que, cumprindo os requisitos, non acaden o número de orde que lles permita participar no programa, por exceder do número de prazas, pasarán á listaxe de agarda.
c) As persoas que non cumpran os requisitos para participar no programa, con expresión sucinta da causa da súa exclusión."
Ábrese un prazo un prazo de 5 días naturais a contar desde o día seguinte a esta publicación (do 8 ao 12 de xullo) para a aceptación de participación no programa que, segundo o punto 11 das bases, deberá ser comunicada por escrito ao SME a través dos rexistros municipais ou en calquera das dependencias a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
No caso de presentar a comunicación por medio dalgún rexistro non municipal deberase achegar unha copia escaneada dela (co selo de rexistro de entrada) por correo electrónico ao SME (educacion@coruna.gal ) dentro do dito prazo.
Se transcorrese o dito prazo sen presentar a comunicación expresa da aceptación, producirase a perda do dereito á participación no programa e á axuda correspondente.
As persoas solicitantes incluídas na listaxe de agarda substituirán, por orde de puntuación, ás seleccionadas que renuncien á súa participación no programa ou que non poidan participar nel.
Calquera consulta pódese facer no correo educacion@coruna.gal ou no teléfono 981 184 200, extensión 10259.
Programa ao que pertence
O Concello da Coruña, por medio da Concellaría de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, ofrece a titulados de grao superior de FP a oportunidade de realizar prácticas formativas de tres meses en empresas de diversos países de Europa (Malta, Italia, Portugal, República Checa, Polonia ou Austria), para promover a adquisición de competencias profesionais e mellorar as oportunidades de emprego, así como o coñecemento do idioma e a cultura doutros países.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible