Concello da Coruña

Concello da Coruña

Este sábado terá lugar a XVI edición da feira matemática no Palexco

Cando:

11 de abril de 2023

Este sábado día 15 de abril no Hall de Proa do Palexco de 11.00 a 20.00.

Divulgar e profundar no ensino e aprendizaxe das matemáticas é un dos principais obxectivos da XVI edición da Feira Matemática.

O Servizo Municipal de Educación colabora nestas xornadas organizadas pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) O evento, dedicado a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada centro, profesorado e alumnado pode expoñer e presentar as propostas didácticas que considere.

O lema deste ano para o día escolar das matemáticas é "As matemáticas dos volcáns", eixe que guía ao persoal docente a preparar a actividade ou o material. Cada centro inscrito na actividade disporá dunha caseta ou posto para mostrar todas as súas experiencias de aula, xogos ou exposicións.

Programa ao que pertence

  • Feira Matemática 2022-23

    A XVI edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e profundar no ensino e aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando as nenas, nenos e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión