Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Nace o CLIAC, froito do Pleno Infantil do curso pasado

Cuándo:

5 de octubre de 2022

Co obxectivo de dar a coñecer esta nova iniciativa, o próximo xoves 13 de outubro, ás 10.00 horas realizarase unha sesión informativa en liña

O Departamento de Educación do Concello de Coruña promove para este curso escolar 2022/2023 a posta en marcha do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC), tras a experiencia e a proposta trasladada no Pleno Infantil do pasado novembro de 2021. O CLIAC é tanto un proceso como un programa de participación infantil dirixido ao alumnado de 5.º e 6.º de educación primaria dos centros da Coruña, que se desenvolverá nos próximos meses.

Este proceso comezará liderado polo profesorado, que co apoio dunha guía didáctica traballará nas aulas contidos e dinámicas sobre dereitos da infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenas e nenos comecen a valorar a participación cidadá e recoñezan a súa capacidade como axentes de cambio. Logo abrirase un proceso de candidaturas que culminará coa constitución formal do propio Consello Local da Infancia da Coruña, o CLIAC. Este será o órgano dende o que nenas e nenas, representantes da infancia, lle trasladen periodicamente ao concello necesidades, propostas ou suxestións sobre aquelas cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación.

Co obxectivo de explicar en detalle este proceso e resolver calquera dúbida, realizarase unha sesión informativa en liña que terá lugar o próximo xoves 13 de outubro, ás 10.00 horas.

Programa al que pertenece

  • Consello Local da Infancia da Coruña

    O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o proceso de activación do Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC. Un proceso e un programa de participación infantil a desenvolver durante o curso escolar 2022-2023 que dá continuidade ao traballo realizado por un grupo de centros durante o pasado curso, que tivo a súa conclusión no Pleno Infantil celebrado en novembro de 2021. Nese encontro, as nenas e nenos participantes trasladaron a necesidade de constituír un órgano estable de participación infantil, garantindo o dereito á participación da infancia, recollido na Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada en 1989. O seu obxectivo último é constituír un grupo estable de traballo con nenas e nenos da cidade que traslade a voz da infancia ás políticas públicas do Concello.

    A lista de reproducción de CLIAC no canle de YouTube de Educación e Memoria Histórica está dispoñible cos vídeos deste prograama.

    Más información
  • Consejo Local de la Infancia de A Coruña

    El Ayuntamiento de A Coruña, a través del Servicio de Educación, promueve el Consejo Local de la Infancia de A Coruña, CLIAC, cuyo objetivo es constituir un grupo estable de trabajo con niños y niñas de la ciudad que traslade la voz de infancia a las políticas públicas del Ayuntamiento.

    Más información

Documentos relacionados

  • CLIAC 1ª Reunión (256 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión