O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o proceso de activación do Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC. Un proceso e un programa de participación infantil para desenvolver durante o curso escolar 2022-2023 que dá continuidade ao traballo realizado por un grupo de centros durante o pasado curso, que tivo a súa conclusión no Pleno Infantil realizado en novembro de 2021. Nese encontro, as nenas e nenos participantes trasladaron a necesidade de constituír un órgano estable de participación infantil, garantindo o dereito á participación da infancia, recollido na Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada en 1989. O seu obxectivo último é constituír un grupo estable de traballo con nenas e nenos da cidade que traslade a voz da infancia ás políticas públicas do concello.
A lista de reprodución de CLIAC na canle de YouTube de Educación e Memoria Histórica está dispoñible cos vídeos deste programa.
Só da Coruña
Participación
Alumnado e profesorado de 5.º e 6.º dos CEIP da Coruña
Gratuíto
O obxectivo último deste programa é a activación, en maio de 2023, do Consello Local da Infancia da Coruña, un órgano representativo onde nenas e nenos de toda a cidade sexan as representantes da infancia e lle trasladen ao concello as necesidades, propostas e suxestións en torno ás cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación e levando á práctica o labor da cidadanía participativa.
Como pasos previos á constitución deste órgano, cómpre realizar un traballo previo coas crianzas,tanto nas aulas como fóra. Este traballo comezará liderado polo profesorado de 5.º e 6.º de educación primaria, que apoiados nunha guía didáctica para o traballo en aula, compartirán co seu alumnado contidos e dinámicas sobre dereitos da infancia, participación cidadá e valores democráticos, facilitando que nenas e nenos comecen a valorar os procesos participativos e recoñezan a súa capacidade para formar parte do primeiro órgano representativo da infancia da cidade, convidándoas a candidatarse para o CLIAC.
Con este pequeno grupo, formado por nenas e nenos de todos os centros participantes, realizaranse sesións formativas en horario extraescolar, preparándoas para participar na sesión de constitución do CLIAC que terá lugar en maio, aprobando así formalmente este novo órgano.
Dende o 01/10/2022 ata o 31/05/2023
Xa rematou
Dende o 15/09/2022 ata o 16/01/2023
Poderá participar na actividade o alumnado de 5.º e 6.º dos CEIP da Coruña. Para candidatarse e poder formar parte do CLIAC deberán contar coa autorización das súas titoras ou titores legais. É condición indispensable para participar no proxecto a implicación dunha profesora ou profesor por grupo.
Dosier da actividade e guía para o traballo autónomo na aula para o profesorado
Equipo da empresa adxudicataria responsable do desenvolvemento do programa
Se queres coñecer máis sobre este proceso podes ver o seguinte vídeo.
Novas relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible