Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Do mar á clase e da clase ao mar

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

Cando:

Dende o 07/04/2025 ata o 31/05/2025

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.gal

981 184 200 (ext. 10179)

Programa de educación ambiental que busca levar aos centros educativos do Concello da Coruña unha serie de actividades para o coñecemento do medio mariño galego.

O programa "Do mar á clase e da clase ao mar" busca levar aos centros educativos do Concello da Coruña unha serie de actividades para o coñecemento do medio mariño galego, a súa riqueza e a súa importancia, pero tamén para ser partícipes da súa conservación, comprendendo como o mar inflúe de forma directa nas nosas vidas e as nosas vidas inflúen na saúde do mar.

A participación no proxecto inclúe a realización de dous talleres complementarios: unha actividade na aula ("mergullando desde a clase") e unha actividade na natureza ("ondas de plástico").

Programa ao que pertence

  • Do mar á clase e da clase ao mar

    Programa de educación ambiental que busca levar aos centros educativos do Concello da Coruña unha serie de actividades para o coñecemento do medio mariño galego, a súa riqueza e a súa importancia, pero tamén para ser partícipes da súa conservación, comprendendo como o mar inflúe de forma directa nas nosas vidas e as nosas vidas inflúen na saúde do mar.

    Máis información

Documentos relacionados

  • Do mar á clase e da clase ao mar: presentación e actividades (3 MB)
  • Do mar á clase e da clase ao mar: planificación (190 KB)

Descargar ZIP cos documentos relacionados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible