23 de outubro de 2024
Os centros educativos interesados en formalizar a súa participación neste programa do Plan Coruña Educa poden facelo na web do Concello
O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición no programa IV CONCURSO IMAXINA CORUÑA do 28 de outubro ao 22 de novembro de 2024.
A tematica desta edición é "Auga Limpa, Futuro Sostible", unha oportunidade para que os estudantes desenvolvan competencias científicas e sociais, á vez que achegan solucións creativas a un dos maiores desafíos do noso tempo: garantir o acceso universal a auga limpa e o saneamento.
Os centros educativos públicos e concertados da Mancomunidade de Municipios da Coruña*, con grupos de alumnado de ESO e bacharelato, interesados en formalizar a súa participación neste programa do Plan Coruña Educa poden facelo na web educativa do Concello, a través desta ligazón: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_centros/xestion/actividades/listaxe
*A Mancomunidade de municipios da Coruña abrangue os concellos de: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
Máis información
Pódese ampliar a información en: https://www.coruna.gal/educacion/es/programas-educativos/detalle-programa/iv-concurso-imaxina-coruna-2024-25/contenido/1453870290862?argIdioma=es
Programa ao que pertence
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria. A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Máis informaciónEventos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible