Concello da Coruña

Concello da Coruña

O alumnado gañador do Concurso Imaxina participa na feira de ciencia en Bilbao

Cando:

29 de maio de 2024

O IES Rafael Puga Ramón recibiu o premio ao terceiro mellor proxecto na categoría 3º-4º da ESO da feira Elhuyar Zientizia-Azoka 2024

Do 22 ao 25 de maio, cada un dos grupos gañadores das distintas categorías do programa Imaxina participaron na feira Elhuyar Zientizia-Azoka 2024. Precisamente nesta feira, o proxecto 'A cidade de cristal desde as perspectivas STEAM e de sostibilidade' do centro educativo IES Rafael Puga Ramón recibiu o premio ao terceiro mellor proxecto na categoría 3º-4º da ESO, que consiste na participación na Feira "Vila Ciencia" de Vila-Real (Castelló).

Nas imaxes pódense ver aos representantes da Coruña presentando os seus proxectos.

Elhuyar Zientzia Azoka

A edición de Elhuyar Zientzia Azoka deste ano prolongouse durante catro días, do 22 ao 25 de maio, e tivo lugar no Arenal de Bilbao. Nela expuxéronse 200 proxectos e participaron 800 mozos de 70 centros escolares. Ademais de mozos dos centros educativos do País Vasco, participaron tamén gañadores doutras feiras tanto do ámbito español como internacional: en total, asistiron a Bilbao 11 equipos.

Programa ao que pertence

  • III Concurso Imaxina Coruña 2023-24

    O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a III edición do programa IMAXINA CORUÑA, para o curso escolar 2023-2024.

    O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.

    A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

    Máis información
  • Elhuyar Zientzia Azoka

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión