O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a III edición do programa IMAXINA CORUÑA, para o curso escolar 2023-2024.
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.
A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Museos científicos, Educación
Outras, Complementaria
Público, Concertado, Privado
Aos centros educativos con sede na cidade da Coruña e área metropolitana (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) que conten con grupos de alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
Cada centro poderá solicitar participar cun máximo de 3 grupos.
Os grupos poderán contar entre 2 e 4 participantes, que só se poderán inscribir nun grupo. Todos os grupos deberán ser mixtos para fomentar os principios de igualdade na ciencia que defende este concurso. Non se admitirá máis dun proxecto por grupo.
Un profesor ou profesora das materias relacionadas liderará o grupo ou grupos participantes e responsabilizarase do alumnado que os integra. O persoal docente designado por cada centro servirá de ligazón co persoal municipal responsable do programa.
Poderán participar un máximo de 40 grupos. A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro.
O programa proporcionaralles apoio aos centros participantes mediante un asesoramento por especialista na materia, e ofrecerá premios incentivadores que priman as mellores iniciativas tanto do alumnado participante como dos centros educativos.
Para realizar a valoración dos proxectos presentados e seleccionar aos gañadores o concello contará coa colaboración de persoas expertas en educación e comunicación científica e persoas novas con experiencias en actividades científicas.
TEMÁTICA
Nesta III Edición a temática do concurso é ARTE,CIENCIA E TECNOLOXÍA
DESENVOLVEMENTO
O concurso vén determinado polas seguintes fases, desde o mes de novembro de 2023 ata o mes de abril de 2024.
Fase I.- Preparación do proxecto: de novembro de 2023 a marzo de 2024.
Fase II.-Presentación da memoria final
O prazo de presentación da memoria final finalizará o venres 22 de marzo de 2024 debendo entregarse en formato PDF a través do correo electrónico imaxina@coruna.gal.
A memoria debe ser orixinal, inédita e innovadora e conter:
Fase III.- Valoración da memoria
Fase IV.- Feira de Ideas e Premios "Imaxina Coruña". Data prevista: sábado 13 de abril de 2024 , na Domus.
O xurado levantará acta do desenvolvemento e conclusións do fallo, para o que actuará de secretario un/a técnico/a de o SME.
REMIOS
a) Premios para os proxectos
Os premios virán establecidos en función de distintas categorías:
Para cada unha das categorías deste concurso establécese como premio a invitación a participar ou visitar unha feira científica estatal, incluíndo gastos de desprazamento e aloxamento para os equipos gañadores e os docentes (máximo 5 acodes/grupo, incluído o docente). Para esta edición a feira elixida é:
Os grupos premiados que vaian participar na devandita feira científica deberán de adaptarse as normas de participación establecidas nela.
b) Premio aos vídeos dos proxectos
Aqueles grupos concursantes que presenten un vídeo relato do seu proxecto, será publicado en youtube e sometido a votación popular os 3 días anteriores á celebración da feira.
O gañador da votación popular será premiado cun estabilizador.
As características do vídeo deberán ser as seguintes: duración máxima de 2 minutos; formato horizontal; resolución mínima de 720p e peso máximo de 50M.
c) Premio ao centro educativo
Ademais, cada centro educativo onde estea matriculado o alumnado premiado nas 3 categorías sinaladas recibirá un cheque regalo por importe de 500,00 euros para gastar nun establecemento comercial da cidade da súa elección.
Este importe deberá destinarse para a adquisición de material científico e tecnolóxico para a aula participante no concurso.
Dende o 09/10/2023 ata o 25/06/2024
DATAS
Xa rematou
Dende o 09/10/2023 ata o 17/11/2023
Inscrición centros
Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro) e Ficha de solicitude específica (a cubrir polo centro)
Servizo de Educación e Servizo de Museos Científicos
Organiza:
Servizo Municipal de Educación.
Tel. 981 184 200 ext. 10259
Servizo de Museos Científicos
Tel: 981 189 844 ext. 20075
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible