10 de abril de 2025
Alumnos e alumnas do CEIP Eusebio da Guarda e da Escola Básica de Palmeira de Braga realizaron a primeira parte do intercambio os días 2, 3 e 4 de abril.
28 alumnos/as de 6.º curso de educación primaria do CEIP Eusebio da Guarda e 15 da Escola Básica de Palmeira de Braga participaron na primeira parte do IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2024-25 na Coruña os días 2, 3 e 4 de abril.
Foron recibidos no concello polo concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego Vázquez, e realizaron diversas vistas guiadas á Cidade Vella, Torre de Hécules, Torre de Control Marítimo, Museo Militar e Monte de S. Pedro en colaboración co Servizo Municipal de Educación.
Ademais, tamén participaron en actividades programadas polo centro educativo como talleres de gastronomía, con Luis Veira, e artístico, con Óscar Cabana.
O grupo da Coruña visitará Braga os días 12, 13 e 14 de maio de 2025.
Programa ao que pertence
Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e do norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, darlle a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo dun municipio portugués por determinar por sorteo.
Os intercambios escolares terán lugar durante 2 ou 3 días nos meses de abril ou maio de 2025.
Máis informaciónIV Intercambio Escolar Eixo Altántico: actividades na Coruña (7)
IV Intercambio Escolar Eixo Altántico: actividades na Coruña (7)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible