Concello da Coruña

Concello da Coruña

Summer Talk 2023-24

O Servizo municipal de Educación, en colaboración coa Federación das ANPAs de centros públicos da Coruña, organiza o programa Summer Talk, a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo, no cal, a través de actividades de dinamización dirixidas ao alumnado de educación primaria e ESO, se fomenta a expresión e comprensión oral da lingua inglesa.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Os campamentos realizaranse, de forma xeral, de luns a venres das 10.00 ás 14.00 h en varios centros públicos da cidade. Os días festivos non haberá campamento.

LUGARES DE REALIZACIÓN

Para 1.º a 3.º de E. primaria: CEIP Anxo da Garda

Para 4.º, 5.º e 6.º de E. primaria: CEIP San Pedro de Visma

Para 1.º, 2.º e 3.º de ESO: IES Ramón Menéndez Pidal

Nos CEIP Anxo da Garda e San Pedro de Visma poderanse solicitar os servizos de:

  • Madrugadores (con ou sen almorzo): de luns a venres, das 08.30 ás 10.00 h
  • Comedor: de luns a venres, das 14.00 ás 15.30 h (poderase saír a partir das 15.00 h)

NÚMERO DE PRAZAS

3 grupos de 15 escolares por sede e quenda. Reservarase un 33% das prazas para os/as escolares matriculados/as no centro sede.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

Poderase solicitar ata 5 quendas por orde de preferencia, e adxudicarase un máximo de 2 quendas con carácter común. En caso de vacantes, adxudicaranse as quendas restantes solicitadas e sempre por orde de preferencia.

A adxudicación realizarase a partir do número seleccionado no sorteo público. A cada solicitante asignaráselle un número correlativo segundo o momento da inscrición.

En caso de irmáns ou irmás inscritos neste programa, tomarase como referencia o número de adxudicación de quen se inscriba en primeiro lugar, sempre que sexa correlativo.

Cando:

Dende o 25/06/2024 ata o 26/07/2024

DISTRIBUCIÓN DAS QUENDAS

Quenda 1: do 25 ao 28 de xuño

Quenda 2: do 1 ao 5 de xullo

Quenda 3: do 8 ao 12 de xullo

Quenda 4: do 15 ao 19 de xullo

Quenda 5: do 22 ao 26 de xullo

Inscricións:

Dende o 20/05/2024 ata o 22/05/2024

  • Preinscrición: 20, 21 e 22 de maio www.fedapascoruna.org/inscripciones
  • Publicación das persoas preinscritas: 31 de maio
  • Corrección de erros: 31 de maio, 1 e 3 de xuño
  • Listaxes emendadas e sorteo: 5 de xuño
  • Listaxes de persoas admitidas: 11 de xuño. (publicaranse na web municipal www.coruna.gal, no 010 e na web da Federación das ANPAs de centros públicos: www.fedapascoruna.org)
  • Pagamento de cotas: 11 ao 17 de xuño
  • Xestión da listaxe de agarda: a partir do 18 de xuño

Máis información:

En www.fedapascoruna.org e nos teléfonos: 649 055 939 / 698 158 503/ 981 202 002

Documentos relacionados

  • Listaxe Admitidos_Listaxe Agarda Summer Talk Ramón Menéndez Pidal Curros Enriquez 2024 (402 KB)
  • Listaxe Admitidos_Listaxe Agarda Summer Talk Anxo da Garda 2024 (469 KB)
  • Listaxe Admitidos Listaxe Agarda Summer Talk San Pedro de Visma 2024 (436 KB)
  • Campamentos Verán 2024 Summer Talk (291 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión