6 de xuño de 2024
Xa se coñecen os certificados do sorteo e corrixíronse as listaxes de preinscrición
Consulta os certificados do sorteo para os programas Campacoles e Summer Talk, así como as listaxes de preinscrición corrixidos.
Pódese acceder aquí a toda a información relativa aos campamentos municipais: Campamentos de Verán 2024
Programa ao que pertence
O Servizo municipal de Educación, en colaboración coa Federación das ANPAs de centros públicos da Coruña, organiza o programa Summer Talk, a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo, no cal, a través de actividades de dinamización dirixidas ao alumnado de educación primaria e ESO, se fomenta a expresión e comprensión oral da lingua inglesa.
Máis informaciónA Federación Provincial das ANPAs en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de "Campacole", que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.
Máis informaciónDocumentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible