O Servizo municipal de Educación, en colaboración coa Federación das ANPAs de centros públicos da Coruña, organiza o programa Summer Talk, a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo, no cal, a través de actividades de dinamización dirixidas ao alumnado de educación primaria e ESO, se fomenta a expresión e comprensión oral da lingua inglesa.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Os campamentos realizaranse, de forma xeral, de luns a venres das 10.00 ás 14.00 h en varios centros públicos da cidade. Os días festivos non haberá campamento.
LUGARES DE REALIZACIÓN
Para 1.º a 3.º de E. primaria: CEIP Anxo da Garda
Para 4.º, 5.º e 6.º de E. primaria: CEIP San Pedro de Visma
Para 1.º, 2.º e 3.º de ESO: IES Ramón Menéndez Pidal
Nos CEIP Anxo da Garda e San Pedro de Visma poderanse solicitar os servizos de:
NÚMERO DE PRAZAS
3 grupos de 15 escolares por sede e quenda. Reservarase un 33% das prazas para os/as escolares matriculados/as no centro sede.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
Poderase solicitar ata 5 quendas por orde de preferencia, e adxudicarase un máximo de 2 quendas con carácter común. En caso de vacantes, adxudicaranse as quendas restantes solicitadas e sempre por orde de preferencia.
A adxudicación realizarase a partir do número seleccionado no sorteo público. A cada solicitante asignaráselle un número correlativo segundo o momento da inscrición.
En caso de irmáns ou irmás inscritos neste programa, tomarase como referencia o número de adxudicación de quen se inscriba en primeiro lugar, sempre que sexa correlativo.
Dende o 25/06/2024 ata o 26/07/2024
DISTRIBUCIÓN DAS QUENDAS
Quenda 1: do 25 ao 28 de xuño
Quenda 2: do 1 ao 5 de xullo
Quenda 3: do 8 ao 12 de xullo
Quenda 4: do 15 ao 19 de xullo
Quenda 5: do 22 ao 26 de xullo
Dende o 20/05/2024 ata o 22/05/2024
En www.fedapascoruna.org e nos teléfonos: 649 055 939 / 698 158 503/ 981 202 002
Novas relacionadas
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible