Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación de solicitudes para optar ás Bolsas Norteamérica 2025-2026

Cando:

Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024

Formulario de inscrición

Con carácter previo á presentación da solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa "A Coruña no Mundo: Bolsas Norteamérica 2025-2026" na páxina web municipal.

Coa publicación, o mércores 20 de novembro, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña, do extracto da convocatoria do programa "Bolsas norteamérica 2025-2026", ábrese, desde o 21 de novembro e ata o 4 de decembro (ambos os días incluídos), o prazo de solicitude das bolsas.

As Bolsas norteamérica 2025-2026 ofertan un mínimo de 25 prazas para que as alumnas e alumnos dos centros educativos coruñeses que cursan 4º de ESO este ano poidan darlle continuidade á súa formación en América do Norte durante o curso 2025-26, no seu primeiro ano de Bacharelato.

O primeiro paso para presentar a solicitude será cubrir unha ficha específica de inscrición a través da web de Educación, que deberá presentarse posteriormente, acompañada por toda a documentación requirida, a través dos rexistros oficiais do Concello.

Máis información na páxina do programa: Bolsas Norteamérica 2025-2026 .

Programa ao que pertence

Documentos relacionados

  • Bases do programa publicadas no BOP num 224 (130 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión