6 de novembro de 2024
A actividade, que se desenvolverá ata final de ano, está dirixida ao alumnado de 5.º e 6.º de primaria.
Alumnado de 5.º e 6.º de EP de 11 centros da cidade están a participar na actividade "Música e evolución", na que se mostra e pon en valor o noso patrimonio cultural musical, pero tamén se fala da música como manifestación cultural esencial para os humanos.
Nas imaxes anexas pódese ver unha sesión desenvolvida por Rosa Sánchez e Pablo Carpintero o 6 de novembro no CEIP Torre de Hércules.
En total, serán 18 sesións en 13 centros da cidade. Estes son: CEIP María Barbeito, CEIP Manuel Murguía, CEIP Aneja, CEIP Torre de Hércules, CEIP Labaca, CEIP Ramón de la Sagra, CEIP Eusebio da Guarda, CEIP San Francisco Xabier, CEIP Sal Lence, CEIP Curros Enríquez, CEIP Wenceslao Fernández Flórez, CEIP Cidade Vella e CEIP Emilia Pardo Bazán.
Programa ao que pertence
Concerto didáctico sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible