Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ábrese o prazo para confirmar a participación no programa "XXXIV Mostra de Teatro Escolar " ata o 28 de febreiro

Cando:

10 de xaneiro de 2025

O programa busca potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado dos centros educativos do concello.

O próximo mes de marzo comezará unha nova edición da 'Mostra de Teatro Escolar', un programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña, no que cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e, posteriormente, recibir o grupo de teatro do devandito centro.

Os grupos e centros xa inscritos para esta edición XXXIV poderán facelo a través da ficha de solicitude específica actualizando os seus datos.

Dirixido a grupos de teatro escolar dos centros educativos do Concello da Coruña dos niveis de educación infantil, primaria e secundaria, este programa busca potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado dos centros educativos do concello, mediante representacións teatrais en diferentes escenarios, así como fomentar a convivencia entre os grupos participantes.

Cada centro poderá participar cun máximo de 3 grupos de educación infantil e primaria, e 2 de educación secundaria; cun máximo de 30 grupos participantes nesta 34.ª edición.

Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutro centro da mesma etapa educativa e recibirá o grupo de teatro dese centro, de maneira que será grupo anfitrión e grupo visitante. As obras de teatro poderán ser representadas en horario escolar ou extraescolar.

Programa ao que pertence

  • XXXIV Mostra de Teatro Escolar 2024-25

    Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe o grupo de teatro do devandito centro.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión