Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXXIV Mostra de Teatro Escolar 2024-25

Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe o grupo de teatro do devandito centro.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Grupos de teatro escolar dos centros educativos do Concello da Coruña dos niveis de infantil, primaria e secundaria.

Os centros poderán inscribir o seguinte número de grupos distribuídos por etapas educativas:

  • Educación infantil e primaria: un máximo de 3 grupos por centro.
  • Educación secundaria: un máximo de 2 grupos por centro.

Poderán participar un máximo de 30 grupos.

Horario:

Escolar e extraescolar

Anual

Prezo / Custo:

Gratuíto

Obxecto:

Ten como finalidade potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado, mediente representacións teatrais en diferentes escenarios, e fomentar a convivencia entre os grupos teatrais escolares.

Obxectivos específicos:

  • Potenciar o desenvolvemento da imaxinación, a creatividade e a propia estima.
  • Aprender a controlar o medo escénico.
  • Mellorar as habilidades de comunicación e a oratoria.
  • Mellorar a expresión corporal.

Condicións do programa

1. Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutro centro da mesma etapa educativa e recibirá o grupo de teatro dese centro, de maneira que será grupo anfitrión e grupo visitante.

2. As obras de teatro poderán ser representadas en horario escolar ou extraescolar.

3. As representacións teatrais da mostra axustaranse, como mínimo e máximo, á seguinte duración:

  • Educación infantil: entre 10 e 20 minutos
  • Educación primaria: entre 15 e 30 minutos
  • Educación secundaria: entre 30 e 60 minutos

4. Deberes dos grupos participantes:

• Garantir a presenza dunha persoa responsable durante a representación, que reciba e atenda o grupo visitante.

• Contar cun espazo idóneo e os recursos necesarios para a representación da obra.

• O público asistente deberá estar formado por alumnado de idades similares e idóneas á temática das obras.

• Facilitar a convivencia entre os membros dos grupos visitante e anfitrión.

• Cumprir co calendario e horarios establecidos para as representacións, como grupo anfitrión e visitante.

• Xustificar debidamente coas facturas correspondentes todos os gastos xerados pola realización da actividade e relacionados coa obra representada.

Gala final da Mostra de Teatro Escolar 2025

O programa finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 6 de xuño (data por confirmar) no Fórum Metropolitano.

Todas as representacións serán valoradas por un xurado composto por persoas relacionadas co mundo do teatro.

O xurado elixirá a mellor representación en cada unha das categorías (infantil, primaria e secundaria) e poderá propoñer mencións especiais.

Os criterios de valoración terán en conta: a dramatización da obra, a orixinalidade ou a adaptación do texto, a escenografía, o vestiario, a calidade, corrección e fluidez lingüística, e a coordinación do grupo.

Cada grupo gañador recibirá un cheque por valor de 100 €. As posibles mencións non terán premio económico.

Cando:

Dende o 10/03/2025 ata o 06/06/2025

As representacións da mostra realizaranse do 10 de marzo ao 23 de maio de 2025, nas datas que acorden os centros participantes.

Haberá unha gala final o venres 6 de xuño de 2025 (data por confirmar)

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 29/11/2024

Os centros e as ANPA interesados en participar débense inscribir na Ficha de solicitude

Poderá haber unha prórroga do prazo de inscrición ata o 29 de novembro de 2024.

Posteriormente, do 08/01/2025, ás 10.00 h, ao 28/02/2025, ás 14.00 h, os centros e as ANPA teñen que volver entrar na solicitude para confirmar a súa participación.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 10259

educacion@coruna.gal

Vitaevents

Tel.: 692 876 602

galicia@vitaevents.es

Recursos materiais:

Axuda económica

Cada grupo recibirá unha axuda económica para gastos xerados pola propia actividade teatral, ata un máximo de 300 €.

Os gastos deberanse xustificar debidamente coas facturas correspondentes.

Transporte

O concello poñerá a disposición dos grupos un servizo de transporte gratuíto dos grupos participantes para os desprazamentos a outros centros e á gala final.

A escenografía non poderá exceder dos 2,15 m de longo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.

Organiza:

Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña

Máis información:

Listaxe de reprodución en Youtube da Mostra de Teatro Escolar 2023-2024

https://www.youtube.com/playlist?list=PLA84cgcDP9qs6LEyvq1r7gwV4JzQ9ySkZ

Documentos:

Bases da Mostra de Teatro Escolar 2024/2025 (146 KB)

Guía da Mostra de Teatro Escolar 2024/2025 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión