Escolares de Educación Infantil de diferentes CEIP do Concello da Coruña, inscritos no Programa de lecer municipal "Arte e Cultura no centro"
20/12/2024
Xa rematou
De 16.45 a 17.45 horas.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
199 escolares de Educación Infantil asistirán a esta actividade, enmarcada no programa "Arte e cultura no centro".
Dentro das múltiples experiencias culturais que ofrece o programa educativo "Arte e cultura no centro", o venres 20 de decembro de 2024, 199 escolares de Educación Infantil asistirán ao espectáculo multidisciplinar "De aquí para allá".
"De aquí para allá" é un proxecto didáctico impulsado pola pedagoga musical Lidya Botana, que pretende espertar o interese das nenas e os nenos pola música e as culturas doutros lugares transportando una mesma melodía por xéneros musicais como a bossa nova, o rap, o son cubano ou o reggae/ska.
Esta actividade forma parte do programa "Arte e cultura no centro 2024-25", que ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.
Programa ao que pertence
O programa "Arte e cultura no centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.
Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "LUDIVERSO".
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible