07/11/2024
Xa rematou
O xoves 7 de novembro, ás 17.00 horas, na Domus, terá lugar unha xornada presencial (e telemática) sobre a temática proposta para os proxectos: "Auga Limpa, Futuro Sostible".
A Domus acolle mañá, xoves 17 de novembro, ás 17.00 horas, unha xornada presencial (con posibilidade de acceso telemático), sobre a temática proposta para os proxectos do IV Concurso Imaxina Coruña 2024-25 : "Auga Limpa, Futuro Sostible", unha oportunidade para que os/as estudantes desenvolvan competencias científicas e sociais á vez que achegan solucións creativas a un dos maiores desafíos do noso tempo: garantir o acceso universal a auga limpa e saneamento.
Na xornada presentaranse diversas propostas como exemplos de proxectos sobre esta temática para a elaboración dos traballos escolares. Ademais, realizarase unha dinámica de asesoramento sobre os proxectos previstos polos centros por parte de persoal especialista e persoal dos Museos Científicos Coruñeses. Por último, explicarase con detalle o funcionamento do programa IV Concurso Imaxina Coruña 2024-25 .
Poderase acceder á reunión telemática a través do seguinte código: https://meet.google.com/ojs-wsaf-nyx
Pola súa banda, os/as docentes dos centros interesados en acudir poderán confirmar a súa asistencia a través do correo imaxina@coruna.gal.
Programa ao que pertence
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria. A organización proporá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Máis informaciónNoticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible