Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

O programa Rutas urbanas animadas continúa dando a coñecer a cidade a nenos e nenas de educación infantil e primaria

Cando:

8 de abril de 2025

Case un milleiro de alumnos e alumnas de 5.º e 6.º de Educación infantil e 1.º e 2.º de Educación primaria puideron coñecer diferentes espazos da cidade na terceira semana do programa.

Durante a última semana do mes de marzo, concretamente entre o luns 24 e o luns 31, un total de 930 alumnos e alumnas de varios CEIP da Coruña puideron coñecer diferentes espazos da cidade grazas ao programa Rutas urbanas animadas 2024-25 , organizado polo Servizo Municipal de Educación e a Federación das ANPA de centros públicos.

Nos primeiros días da semana, o escenario das rutas e actividades foi a praza de María Pita. Nela, alumnado de 5.º de EI e 2.º de EP puido coñecer a historia e algunhas curiosidades da nosa heroína máis icónica. Os xardíns de Méndez Núñez foron outro dos lugares visitados, neste caso polos grupos de 6.º de EI e 1.º de EP, que participaron nas rutas "Un museo ao aire libre" e "Habitantes dos Xardíns", respectivamente. Por último, o día 31 de marzo iniciáronse as visitas por parte do alumnado de 3 anos ao parque de Santa Margarida para gozar da ruta "Espertando os sentidos".

Os centros que acudiron estes días ás actividades foron os seguintes:

Rutas "Historias de María Pita ", para alumnado de 5.º de E.I., e "Tesouros de María Pita ", para alumnado de 2.º de E.P.: CEIP Aneja, CEIP Anxo da Garda, CEIP Eusebio da Guarda, CEIP Juan Fenrnández Latorre, CEIP Labaca, CEIP María Barbeito, CEIP Novo Mesoiro, CEIP Raquel Camacho, CEIP Rosalía de Castro, CEIP Sagrada familia, CEIP Salgado Torres, CEIP San Fco. Javier, CEIP Torre de Hércules, CEIP Wenceslao Fdez. Flórez e CEIP Zalaeta.

Rutas "Un museo ao aire libre", para alumnado de 6.º de E.I., e "Habitantes dos xardíns", para alumnado de 1.º de E.P.: CEIP Eusebio da Guarda, CEIP Labaca, CEIP José Cornide Saavedra, CEIP María Barbeito, CEIP Raquel Camacho, CEIP Rosalía de Castro e CEIP Torre de Hércules.

Ruta "O parque de Santa Margarida: espertando os sentidos": CEIP Alborada e CEIP Víctor López Seoane

O programa desenvólvese ata finais de maio. Pódense consultar as próximas rutas programas desde a seguinte ligazón: calendario de próximas rutas programadas.

Programa ao que pertence

  • Rutas urbanas animadas 2024-25

    Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.

    Máis información
  • Rutas urbanas animadas (24/03 - 31/03)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible