Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.
Localización do centro:
Só da Coruña
Servizo municipal:
Educación
Tipo de actividade:
Complementaria
Titularidade do centro:
Público
Horario:
Dúas sesións diarias cunha duración aproximada de 80 minutos (máis o tempo de chegada e saída no autobús):
Sesión 1: de 10.00 a 11.20 h.
Sesión 2: de 11.30 a 12.50 h.
Prezo / Custo:
1,50 € por alumno/a. Unha vez confirmadas as rutas e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo e o modo de ingreso da cota.
RUTAS QUE SE OFERTAN
Ruta 2 e 3 anos. Despertando os sentidos (Parque de Santa Margarita - contorna Casa das Ciencias)
Temática: Unha aproximación aos espazos verdes e recursos verdes da cidade a través dos elementos da natureza.
Competencias: Coñecemento e interacción co mundo físico. Lingüística.
Transporte: o bus deixa e recolle ao grupo ao pé da Casa das Ciencias. Entrada ao parque por cálea Pai Sarmiento.
Ruta 4 anos. Historias de María Pita (Praza de María Pita )
Temática: Un espazo histórico-cultural no que poder vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de Mª Pita .
Competencias: Social e cidadá. Lingüística
Transporte: o bus deixa e recolle ao grupo en Porta Real (parada 001 bus urbano) dirección Obelisco
Ruta 5 anos. Un museo ao aire libre (Xardíns Méndez Núñez - zona monumento Curros Enríquez)
Temática: Unha zona dos xardíns de Méndez Núñez que permite profundar na arte de observar, de escoitar, de construír e de comparar.
Competencias: Cultural e artística. Lingüística
Transporte: o bus deixa e recolle ao grupo nos xardíns de Méndez Núñez (parada 027 do bus urbano), á beira do Teatro Colón.
Ruta 1º EP. Habitantes dous xardíns (Xardíns Méndez Núñez - zona reloxo floral)
Temática: coñecer as personalidades ás que se lles rende homenaxe nestes xardíns. Nunha segunda parte da ruta un druída descubriralles a apócema da amizade a través do recoñecemento dalgunha das especies arbóreas que están presentes nos xardíns.
Competencias: Competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística
Transporte: o bus deixa e recolle ao grupo na zona do reloxo floral dos xardíns de Méndez Núñez (parada 027 do bus urbano)
Ruta 2º EP. Tesouros de María Pita (Praza de María Pita )
Temática: coñecer con máis detalle a Praza de María Pita e os segredos que esconde unha das zonas máis emblemáticas da cidade.
Competencias: Competencia social e cidadá. Competencia matemática. Lingüística
Transporte: o bus deixa e recolle ao grupo en Porta Real (parada 001 bus urbano) dirección Obelisco
CONDICIÓNS DO PROGRAMA
Necesidade da presenza do persoal docente co grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento da ruta.
Nº máximo de acompañantes será dun titor/a por grupo-clase e un acompañante por cada escolar con NEE (se o centro considérao necesario)
Os buses recollerán no centro aos escolares e ao profesorado media hora antes do inicio da ruta para ser trasladados ao lugar onde se realice o percorrido. Os educadores das rutas non irán nos buses, estarán a esperar no espazo onde se desenvolve a ruta.
As rutas poderán anularse debido ás inclemencias do tempo. No caso de anulación, asignarase outra data de realización. No caso de non ser posible devolverase a cota.
No caso de que a demanda de rutas supere os máximos sinalados para cada unha delas, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.
CALENDARIO
Envío do calendario provisional: 31 de xaneiro (modificacións ata o 10 de febreiro inclusive).
Envío do calendario definitivo: 20 de febreiro.
Inicio de actividade: 6 de marzo.
Entidade colaboradora
Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible