Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Segunda semana do programa de Rutas urbanas animadas
CEIP María Pita (19/03/2025)
Cando:
25 de marzo de 2025
Alumnos e alumnas de 5.º de Educación Infantil e 1.º-2.º de Educación Primaria de varios centros da cidade participaron nas rutas "Historias de María Pita", "Habitantes dos xardíns" e "Tesouros de María Pita".
O programa educativo de
Rutas urbanas animadas 2024-25
organizado polo Servizo Municipal de Educación e a Federación das ANPA de centros públicos, continúa o seu curso. Esta última semana, do 17 ao 21 de marzo, foi a quenda duns/dunhas 480 alumnos e alumnas de 5.º de educación infantil e 1.º-2.º de educación primaria de varios centros da cidade.
As rutas que se realizaron foron as seguintes:
"Tesouros de María Pita", na que alumnos e alumnas de 2,º de EP puideron coñecer con máis detalle esta emblemática praza e os segredos que esconde. Participaron nesta ruta os seguintes centros:
CEIP Juan Fernández Latorre
CEIP María Pita
CEIP Rosalía de Castro
CEIP Salgado Torres
"Historias de María Pita", na que alumnos e alumnas de 5.º de EI (4 anos) puideron vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de María Pita. Participaron os seguintes centros:
CEIP María Barbeito
CEIP Raquel Camacho
CEIP Anxo da Garda
CEIP Sal Lence
CEIP Manuel Murguía
CEIP María Pita
CEIP Eusebio da Guarda
"Habitantes dos xardíns", que lle permitiu ao alumnado de 1.º de EP coñecer as personalidades ás que se lle rende homenaxe nos emblemáticos xardíns de Méndez Núñez. Participaron os seguintes centros:
Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible