Escolares de Educación Primaria de diferentes CEIP do Concello da Coruña, inscritos no Programa de lecer municipal "Arte e Cultura no centro"
13/12/2024
Xa rematou
De 16.45 a 17.45 horas.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Un total de 291 escolares de Educación Primaria asistirán á representación. Trátase dunha actividade enmarcada no programa "Arte e cultura no centro".
O venres 13 de decembro, un total de 291 escolares de Educación Primaria de diferentes CEIP do Concello da Coruña inscritos no programa Arte e cultura no centro 2024-25 asistirán á representación da obra de teatro "Compaña", da compañía Xampito Pato.
A través da obra, que ten unha duración aproximada de 50 minutos, preséntasenos a un personaxe que explora a súa imaxinación para darlle vida a cada un dos seus pensamentos. A través deste proceso consegue sentirse acompañado e levar o público por un camiño cheo de sorpresas e risas.
Esta actividade forma parte do programa "Arte e cultura no centro 2024-25", que ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.
Programa ao que pertence
O programa "Arte e cultura no centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.
Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "LUDIVERSO".
Máis informaciónSentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible