Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

"Ssszzziúuu, a melodía das buxainas": unha exposición para redescubrir o xogo milenario da buxaina

Cando:

18 de marzo de 2025

A actividade, que inclúe a visita guiada á exposición e a participación nun taller de perinolas, está dirixida a alumnado de todos os niveis educativos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 25 de marzo.

O Concello da Coruña, a través do Departamento de Exposicións, Coleccións e Museos Históricos, arrinca hoxe unha actividade de visitas guiadas e talleres da exposición "Ssszzziúuu, a melodía das buxainas".

Esta exposición é a culminación do proxecto "Ssszzziúuu", que naceu do libro homónimo publicado no ano 2022, e do que son autores Lestonnac Ibáñez (fotógrafa) e Luís Ramas (profesor e coleccionista de buxainas).

A actividade, que está dirixida ao alumnado de todos os niveis educativos e de calquera concello, é unha invitación non só ao coñecemento deste xogo popular e tradicional senón tamén á súa revitalización e das emocións e sentimentos que provoca.

Os centros interesados en asistir deberán realizar a inscrición a través da ficha específica. As visitas, de aproximadamente unha hora de duración, asignaranse por orde de solicitude, ata cubrírense as prazas.

Máis información na páxina do programa: Visitas guiadas e talleres da exposición "Ssszzziúuu, a melodía das buxainas"

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible