Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Visitas guiadas e talleres da exposición "Ssszzziúuu, a melodía das buxainas": prazo de inscrición na actividade

Cando:

Dende o 03/03/2025 ata o 25/03/2025

Xa rematou

O prazo de inscrición na actividade, que inclúe a visita guiada á exposición e a participación nun taller de perinolas, permanecerá aberto do 3 ao 25 de marzo.

A sala de cultura Salvador de Madariaga, situada na rúa Durán Loriga, acolle a exposición "Ssszzziúuu, a melodía das buxainas", unha invitación ao coñecemento deste xogo popular e tradicional e á súa revitalización.

O Concello da Coruña, a través do Departamento de Exposicións, Coleccións e Museos Históricos convida os centros educativos a participar na exposición a través dunha visita guiada seguida dun taller participativo.

Inscrición na actividade

Os centros interesados en asistir deberán realizar a inscrición a través da ficha específica.

As visitas, de aproximadamente unha hora de duración, asignaranse por orde de solicitude, ata cubrírense as prazas.

Máis información na páxina do programa: Visitas guiadas e talleres da exposición "Ssszzziúuu, a melodía das buxainas"

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible