11 de decembro de 2024
Nos próximos días visitarán o Aquarium e cantarán unha panxoliña adaptada para a ocasión.
O alumnado da EIM Monte Alto , xunto coas súas familias, participou nunha iniciativa para decorar a árbore de Nadal do Aquarium Finisterrae .
A través desta actividade, nas últimas semanas estiveron elaborando (con teas, fíos, cartóns e pezas naturais) unha serie de elementos decorativos, vinculados á temática do mar, que estarán a adornar a árbore de Nadal do Aquarium durante este Nadal.
A proposta consiste en crear adornos coas mans e que estes sexan respectuosos co medio ambiente.
Visita ao Aquarium nos próximos días
Alumnos e alumnas da escola acudirán nos próximos días ao Aquarium, onde cantarán unha panxoliña adaptada para a ocasión. O encargado de poñer a música e a voz é Félix Álvarez, a partir dunha adaptación dunha panxoliña de José Luis Perales.
Entidades
Noticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible