Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Luns de 08:45 h a 14:15 h e de 15:20 h a 17:00 h. Martes a venres de 08:45 h a 14:15 h
Comedor:
Luns a venres de 14:00 h a 16:00 h
Extraescolar:
Luns a venres de 16:00 h a 18:00 h
Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Niveis educativos:
Segundo Ciclo de Educación Infantil (3-5 anos)
Educación Primaria (6/12 anos)
ESO
Actividades extraescolares:
Deporte no centro:
Descrición: actividades físico-deportivas nas instalacións do propio centro e adaptadas ás posibilidades que ofreza a súa infraestrutura
Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria obrigatoria
Horario: dúas horas alternas á semana entre as 16:00 h e as 18:00 h do 1 ou 15 de outubro ao 15 de xuño
Inscrición: na ANPA do centro
Titularidade: FAPA e Servizo Municipal de Educación
Admisión de alumnado:
Necesítase un informe que demostre que ese/a neno/a necesita un centro específico. Os pais poden acudir directamente ao centro e alí serán informados de todo e mostraránselles as instalacións.
Datos de interese:
Colexio de carácter mixto, para nenos/as (3-21 anos) xordos/as ou deficientes auditivos/as contando con 3 sectores de atención:
Integración total
Integración combinada
Centro de Recursos de Educación Especial para as Patoloxías da Audición e a Linguaxe (CRE-PAL)
Dispoñen tamén dun servizo de Atención Temperá para nenos/as de 0 a 5 anos
É o único centro de Galicia que ten a ESO completa para nenos/as con deficiencias auditivas
Ten ademais aloxamento na residencia do Burgo para os/as nenos/as que son de fóra da Coruña
Centro de Recursos de Educación Especial para as Patoloxías da Audición e a Linguaxe (CRE-PAL):
Atención a alumnado desde os 0 anos con problemas de audición e/ou linguaxe, con expreso permiso da administración educativa, en réxime ambulatorio e en horario de 15:00 h a 20:00 h en sesións de media hora para aquel alumnado escolarizado en centros docentes da zona ou comarca
Control audiométrico e control de rendemento dos audífonos por medio de campo libre
Atención rehabilitadora de implantes cocleares
Préstamo de bibliografía especializada a profesorado de zona ou comarca
Información e mostra de aparellos e materiais específicos para a rehabilitación da linguaxe e audición a profesorado de zona e comarca
Información e cesión a colexios da zona e comarca de programas informáticos especialmente indicados para esta rehabilitación logo do compromiso previo dunha avaliación de tipo trimestral dos rendementos e posibilidades da aplicación e posibles melloras dos programas achegados.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible