Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Descrición: programa dedicado a conciliar a vida familiar e laboral cubrindo necesidade de atención a alumnos pola mañá, antes do inicio das clases, mediante actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e gozar da súa contorna, con ou sen servizo de almorzo.
Destinatarios: alumnos de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
Horario: de luns a venres de 07.30 h a 09.00 h. Recepción de alumnos con almorzo, de 07.30 h a 08.15 h. Recepción de alumnos sen almorzo, de 08.00 h a 08.15 h.
Inscrición: No mes de xuño, para comedores que comezan en setembro. Antes do 22 de cada mes, para comerzar o mes seguinte.
Titularidade: Servizo Municipal de Educación.
Servizo de comedor:
Descrición: servizo de comida e monitor (comida de cátering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida.
Destinatarios: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
Horario: luns a venres de 14.00 h a 16.00 h.
Inscrición: na ANPA do centro. No mes de xuño, para comedores que comezan en setembro. Antes do 22 de cada mes, para empezar o mes seguinte.
Titularidade: Programa xestionado pola Federación Provincial de ANPA de Centros públicos da Coruña.
Deporte no Centro:
Actividades físico-deportivas, realizadas fóra do horario lectivo nas instalacións do propio centro e adaptadas ás posibilidades que ofreza a súa infraestrutura. Dúas horas alternas á semana entre as 16.00 e as 18.00 h de 1 ou 15 de outubro a 15 de xuño.
Inscrición na ANPA do centro.
O programa xestiónao a Federación Provincial de ANPA de Centros públicos da Coruña a través dun convenio co Servizo Municipal de Educación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible