É un proxecto amigable que forma parte das estratexias do Concello da Coruña e Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sostible e converter os peóns e as peoas nos verdadeiro protagonistas da seguridade viaria.
Educación
Complementaria
Alumnado de EI e EP
Promover a transformación do modelo de mobilidade da nosa cidade a modelos positivos baseados en valores de convivencia que incorpora a práctica de hábitos saudables para conseguir unha contorna urbana máis segura e sostible.
É un programa educativo e de participación cidadá que incorpora a práctica de hábitos saudables e de valores de convivencia con pautas de seguridade viaria para conseguir unha contorna urbana máis segura e sostible.
Desenvólvese dentro do horario escolar. A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de Stop Accidentes.
Condicións para participar no programa
A actividade coordínase por orde de inscrición e directamente co centro educativo.
Actividades
1.- Centros de continuidade que participan en A.N.C.A.S.:
Actividade teórica: Taller de mobilidade sostible e segura. Duración 50´
Actividades prácticas opcional. Duración de 50´
Cada actividade teórica terá unha duración de 50´ que inclúe a aplicación da enquisa de mobilidade.
Observación: o desenvolvemento de actividades de implantación do percorrido realízao o persoal técnico de STOP Accidentes en colaboración co concello.
Dende o 01/10/2022 ata o 30/06/2023
Desenvólvese dentro do horario escolar. A data e duración axustaranse á dispoñibilidade do centro e de STOP Accidentes dentro do curso escolar 2022-2023.
Xa rematou
Dende o 15/09/2022 ata o 15/10/2022
Inscrición de novos centros: por correo ou a través do formulario en liña
Para os centros que xa participen no programa A.N.C.A.S. en calquera das súas fases, os pais, nais ou titores/as responsables poden inscribirse directamente na ficha en liña ou solicitar un impreso na ANPA ou á secretaria do centro e facérnola chegar fisicamente.
STOP Accidentes Galicia
Avda. de Chile, 19, baixo, A Coruña
Responsable do programa: Ángela M.ª Jiménez Quirós
Tel.: 981 289 368 / 667 309 450
Horario: 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
Correo: ancasgalicia@stopaccidentes.org
Facebook: https://www.facebook.com/stopgalicia
Instagram: https://www.instagram.com/stop.galicia/?hl=é
Twitter: https://twitter.com/GaliciaStop
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible