Concello da Coruña

Concello da Coruña

CEIP Sal Lence

Enderezo:

Avda. Oza 224. 15006 A Coruña

Teléfono:

881 880 820

Fax:

881 880 825

Páxina web:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsallence

Servizos:

Oferta deportiva, segundo demanda.

Programa Luditarde.

Educación especial integrada na aula.

Horario:

Horario escolar:

Luns a venres de 09:00 h a 14:00 h

Horario de comedor:

Luns a venres de 14:00 h a 16:00 h

Horario extraescolar:

Luns a venres de 16:00 h a 18:00 h

Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Competencias do Concello nos colexios públicos:

  • Vixilancia (conserxe)
  • Climatización (calefacción)
  • Mantemento, conservación do edificio e limpeza

Competencias da Xunta (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria):

  • Profesorado.
  • Infraestruturas e obras

Niveis educativos:

  • Segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos)
  • Educación primaria (6-12 anos)

Aulas de informática:

  • Aula de Informática da Xunta

Actividades extraescolares:

  • Servizo de comedor: Descrición: servizo de comida e monitor (comida de catering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida. Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria. Horario: luns a venres de 14:00 h. a 16:00 h. Inscrición: na APA do centro. Titularidade: FAPA.
  • Madrugadores: Descrición: programa dedicado a conciliar a vida familiar e laboral cubrindo necesidade de atención ao alumnado pola mañá, antes do inicio das clases, mediante actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e gozar da súa contorna, con ou sen servizo de almorzo. Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria. Horario: horario do servizo: luns a venres de 07:30 h. a 09:00 h. Horario de recepción do alumnado con almorzo: de 07:30 h a 08:15 h. Horario de recepción do alumnado sen almorzo: 08:00 h. a 08:15 h. Inscrición: no mes de xuño, para comedores que comezan en setembro. Antes do 22 de cada mes, para empezar o mes seguinte. Titularidade: FAPA.
  • Luditarde: Descrición: actividades lúdicas relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas relacionados con educación para a saúde, educación viaria, educación para a paz, educación medio ambiental etc., a partir dos cales se desenvolven os distintos contidos: dinamización teatral, animación á cultura, xadrez, producións plásticas, música, actividades motrices, actividades deportivas e informática. Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e educación primaria. Horario: luns a venres de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño. Inscrición: na APA do centro. Titularidade: Servizo Municipal de Educación.
  • Ludiáxiles: Descrición: actividades culturais e deportivas. Culturais: de temática relacionada coa cidade e ambiental mediante actividades de fotografía e vídeo dixitais, grafiti, música, teatro e baile. Deportivas: baloncesto, balonmán, deportes a patín, floorball (hóckey), fútbol sala e softball (béisbol e tenis). Persoas destinatarias: alumnado de quinto e sexto de educación primaria. Horario: dous días por semana de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño. Inscrición: na APA do centro. Titularidade: Servizo Municipal de Educación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión