Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cóxegas 2019-2020

O programa Cóxegas é unha proposta que dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as Anpas non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e EP de centros públicos (CEIP) da cidade.

Horario:

De luns a venres, de 16.00 a 18.00 h.

Prezo / Custo:

15 € por cada período.

Obxecto:

Programa que ten como obxectivos principais, por unha banda, favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade de nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas adecuadas a cada idade e, por outro, afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia. E ofrecer unha vía de conciliación familiar no propio centro educativo.

A Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, en colaboración co SME, e como ampliación dos programas de Lecer Educativo e Deporte no Centro que se realizan nos CEIPs da cidade durante todo o curso escolar, pretende dar a oportunidade de que as familias que o necesiten poidan deixar aos seus fillos e fillas no colexio pola tarde desde o primeiro día do inicio do curso escolar, co fin de facilitar a conciliación familiar a moitos pais e nais cuxo período vacacional non coincide co comezo do curso escolar.

Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica, ... baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual.

Cando:

Dende o 11/09/2019 ata o 19/06/2020

1º período: do 11 ao 30 de setembro de 2019.

2º período: do 1 ao 19 de xuño de 2020.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/09/2018 ata o 10/05/2019

Inscrición centros

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019.

Ficha de solicitude xeral

Inscrición alumnado

No lugar e horario que estableza o ANPA de cada centro.

Prazo:

Período setembro: a partir do 2 de setembro de 2019.

Período xuño: do 4 ao 8 de maio de 2020.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel: 981 184 200 ext: 12038

Fax: 981 184 370

Requisitos:

Precísase un mínimo de 10 escolares inscritos para a formación de grupos.

Os centros asignarán os espazos necesarios para o desenvolvemento do programa.

Máis información:

Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos da Coruña

C/ Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel. 981 202 002

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Documentos:

Díptico informativo Cóxegas 2019/2020 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión