Concello da Coruña

Concello da Coruña

CEIP Labaca

Enderezo:

Rúa Juan Flórez 112-116. 15005 A Coruña

Teléfono:

(+34) 881 960 284

Fax:

(+34) 881 960 284

Páxina web:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceiplabaca/

Servizos:

Oferta deportiva, segundo demanda.

Educación especial integrada na aula.

Biblioteca.

Comedor.

Programa Luditarde.

Horario:

Horario escolar:

Luns a venres de 09:00 h a 14:00 h

Horario de comedor:

Luns a venres de 14:00 h a 16:00 h

Horario extraescolar:

Luns a venres de 16:00 h a 18:00 h

O edificio

1912 Leoncio Bescansa Casares

Nesta obra apréciase a influencia de Gaudí, mesturando os estilos modernista e neogótico. A cúpula gótica está adornada con pináculos, motivos xeométricos e vexetais. Balcóns de celosía de cemento e peche exterior con enreixado modernista.

O instituto

Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Competencias do Concello nos colexios públicos:

  • Vixilancia (conserxe).
  • Climatización (calefacción).
  • Mantemento, conservación do edificio e limpeza.

Competencias da Xunta (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria):

  • Profesorado.
  • Infraestruturas e obras

Niveis Educativos:

  • Segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos).
  • Educación primaria (6-12 anos).

Centro integrado na Rede de Centros Plurilingües de Galicia.

Aulas de informática:

  • Aula de Informática da Xunta.

Actividades extraescolares:

  • Servizo de comedor:
  • Descrición: servizo de comida e monitor (comida de catering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida.
  • Destinatarios: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
  • Horario: luns a venres de 14:00 h. a 16:00 h.
  • Inscrición: en APA do centro. No mes de xuño, para comedores que comezan en setembro. Antes do 22 de cada mes, para empezar ao mes seguinte.
  • Titularidade: Programa xestionado pola Federación Provincial de APAs de Centros públicos da Coruña.
  • Luditarde:
  • Descrición: actividades lúdicas relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas relacionados con educación para a saúde, educación viaria, educación para a paz, educación medio ambiental, etc., a partir dos cales se desenvolven os distintos contidos: dinamización teatral, animación á cultura, xadrez, producións plásticas, música, actividades motrices, actividades deportivas e informática.
  • Destinatarios: alumnos de segundo ciclo de educación infantil e educación primaria.
  • Horario: luns a venres de 16:00 h. a 18:00 h. de 15 de setembro a 15 de xuño.
  • Inscrición: en APA do centro. A finais do curso anterior e na primeira quincena de setembro. Antes do 22 de cada mes, para comezar ao mes seguinte.
  • Titularidade: Programa xestionado pola Federación Provincial de APAS de Centros Públicos da Coruña a través dun convenio co Servizo Municipal de Educación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión