O programa Cóxegas é unha proposta que dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Público
Alumnado de EI e EP de centros públicos (CEIP) da cidade.
De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h
15 € por cada período.
Programa que ten como obxectivos principais, por unha banda, favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade de nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas adecuadas a cada idade e, por outro, afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia. E ofrecer unha vía de conciliación familiar no propio centro educativo.
A Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos da Coruña, en colaboración co SME, e como ampliación dos programas de Lecer Educativo e Deporte no Centro que se realizan nos CEIP da cidade durante todo o curso escolar, pretende dar a oportunidade de que as familias que o necesiten poidan deixar os seus fillos e fillas no colexio pola tarde desde o primeiro día do inicio do curso escolar, co fin de facilitar a conciliación familiar a moitos pais e nais cuxo período vacacional non coincide co comezo do curso escolar.
Este programa ofrécelle ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica... baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual.
Dende o 09/09/2021 ata o 22/06/2022
Desde o 09/09/2021 ata o 22/06/2022
1.º período: do 8 ao 30 de setembro de 2022
2.º período: do 1 ao 21 de xuño de 2023
Xa rematou
Dende o 01/09/2021 ata o 09/05/2022
Inscrición para os centros
Ficha de solicitude xeral (que ten que cubrir o centro)
Inscrición en liña na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Prazo:
Período de setembro: do 31 de agosto ao 4 de setembro de 2022
Período de xuño: do 1 ao 7 de maio de 2023
Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos da Coruña
Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña
Tel.: 981 202 002
Servizo Municipal de Educación
Tel.: 981 184 200 ext: 12047
Fax: 981 184 370
Precísase un mínimo de 10 escolares inscritos/as para a formación de grupos.
Os centros asignarán os espazos necesarios para o desenvolvemento do programa.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible