Concello da Coruña

Concello da Coruña

CEIP Ramón de la Sagra

Enderezo:

Ronda Camilo José Cela 4. 15008 A Coruña

Teléfono:

981 280 208

Fax:

981 287 628

Páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonsagra

Servizos:

Oferta deportiva, segundo demanda.

Biblioteca.

Educación especial integrada na aula.

Programa Luditarde.

Horario:

Horario escolar:

Luns a venres de 09:00 h a 14:00 h

Horario de comedor:

Luns a venres de 14:00 h a 16:00 h

Horario extraescolar:

Luns a venres de 16:00 h a 18:00 h

Titularidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Competencias do Concello nos colexios públicos:

  • Vixilancia (conserxe)
  • Climatización (calefacción)
  • Mantemento, conservación do edificio e limpeza

Competencias da Xunta (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria):

  • Profesorado
  • Infraestruturas e obras

Niveis educativos:

  • Segundo ciclo de educación infantil (3-6 anos)
  • Educación primaria (6-12 anos)

Aulas de informática:

  • Aula de Informática da Xunta

Actividades extraescolares:

  • Servizo de comedor: Descrición: servizo de comida e monitor (comida de catering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal. Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria. Horario: luns a venres de 14:00 h a 16:00 h. Inscrición: na ANPA do centro. Titularidade: ANPA do centro
  • Madrugadores:
  • Descrición: programa dedicado a conciliar a vida familiar e laboral cubrindo a necesidade de atención ao alumnado pola mañá, antes do inicio das clases, mediante actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e interese por coñecer e gozar da súa contorna, con ou sen servizo de almorzo.
  • Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria
  • Horario: de luns a venres de 7.30 horas a 9.00 horas. Recepción de alumnado con almorzo, de 7.30 a 8.15 horas.
  • Inscrición: na ANPA do centro
  • Titularidade: ANPA do centro
  • Luditarde: Descrición: actividades lúdicas relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas relacionados con educación para a saúde, educación viaria, educación para a paz, educación medio ambiental etc., a partir dos cales se desenvolven os distintos contidos: dinamización teatral, animación á cultura, xadrez, producións plásticas, música, actividades motrices, actividades deportivas e informática. Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e educación primaria. Horario: luns a venres de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño.Inscrición: na ANPA do centro. Titularidade: FAPA e Servizo Municipal de Educación
  • Ludiáxiles: Descrición: actividades culturais e deportivas. Culturais: de temática relacionada coa cidade e ambiental mediante actividades de fotografía e vídeo dixitais, graffiti, música, teatro e baile. Deportivas: baloncesto, balonmán, deportes de patín, floorball (hóckey), fútbol sala e softball (béisbol e tenis). Persoas destinatarias: alumnado de quinto e sexto de educación primaria. Horario: dous días por semana de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño. Inscrición: na ANPA do centro. Titularidade: FAPA e Servizo Municipal de Educación

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión