Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cóxegas 2020-2021

O programa Cóxegas é unha proposta que lle dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillas e fillos escolarizados en centros públicos en tempo extraescolar, durante os períodos en que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI e EP dos centros públicos (CEIP) da cidade

Horario:

De luns a venres, de 16.00 a 18.00 h

Prezo / Custo:

15 € por cada período

Obxecto:

Este programa ten como obxectivos principais, por unha banda, favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade das nenas e dos nenos a través do xogo e as actividades lúdicas adecuadas para cada idade e, por outro, afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia. Tamén pretende ofrecer unha vía de conciliación familiar no propio centro educativo.

A Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos da Coruña, en colaboración co SME, e como ampliación dos programas de lecer educativo e deporte no centro que se realizan nos CEIP da cidade durante todo o curso escolar, pretende dar a oportunidade de que as familias que así o precisaren poidan deixar as súas fillas e fillos no colexio pola tarde desde o día do inicio do curso escolar, co fin de lles facilitar a conciliación familiar a moitas nais e pais cuxo período vacacional non coincide co comezo do curso escolar.

Este programa ofrécelle ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes, así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica, ... baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual.

Cando:

Dende o 10/09/2020 ata o 18/06/2021

1.º período: do 10 ao 30 de setembro de 2020

2.º período: do 1 ao 18 de xuño de 2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/09/2020 ata o 07/05/2021

Inscrición en liña, a través de http://fedapascoruna.org/inscripciones/.

Contacto:

Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos da Coruña

R/ Orzán, 21, 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002

ocio@fedapascoruna.org

www.fedapascoruna.org

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel: 981 184 200 ext.: 12047

Fax: 981 184 370

Requisitos:

Necesítanse un mínimo de 10 escolares inscritas/os para que se poidan formar grupos.

Os centros asignarán os espazos necesarios para desenvolver o programa.

Documentos relacionados

  • Programas das ANPA 2020-2021 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión