É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todos'.
As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, os eventos especiais e competicións, nas instalacións deportivas municipais.
Só da Coruña
Educación
Extraescolar
Público
Alumnado de EI, EP, ESO, Bacharelato e FP de centros públicos do municipio.
Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estean matriculados nel, sempre que sexa xustificada a súa participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe.
As solicitudes de alumnado con NEE serán valoradas en función da adecuación do programa ás súas necesidades e a dispoñibilidade de recursos.
De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h.
As actividades do programa teñen unha periodicidade de dúas sesións alternas á semana, dunha hora de duración cada unha.
En datas de realización de actividades especiais ou competicións e torneos, este horario pode verse incrementado nunha hora máis.
As cotas de inscrición inclúen toda a dotación do equipamento, material e transporte necesario para o desenvolvemento das actividades.
Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 21/22 correspondentes aos seguintes períodos:
Ademais, deberá aboar una unha única cota de 4 € en concepto de seguro de accidentes, que dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de ANPA para o curso 2021/2022.
• Participar na actividade deportiva con independencia do nivel de habilidade alcanzado (Deporte para todos), aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os/as participantes.
• Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motoras e deportivas.
• Desenvolver as habilidades motoras básicas, así como as específicas directamente vencelladas ás prácticas deportivas elixidas.
• Proporcionar, a través do deporte, experiencias gratificantes que orienten á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.
MODALIDADES DEPORTIVAS
• E. Infantil: xogos, xogos rítmicos, prepatinaxe (I), xogos de taboleiro, xogos tradicionais (I) e xogos de capoeira.
• 1.º e 2.º cursos de E. Primaria: predeporte (actividades orientadas ao desenvolvemento das bases psicomotoras para facilitar a práctica deportiva posterior), ritmo, prepatinaxe (II), prexadrez, xogos tradicionais (II) e capoeira.
• De 3.º a 6.º cursos de E. Primaria: multideporte (I), baloncesto (I), balonmán (I),fútbol sala (I), tenis (I), atletismo (I), baile moderno (I), ximnasia rítmica (I), aerobic (I), patinaxe (I), hockey a patíns (I), xadrez (I), ximnasia artística (I), capoeira (I), deportes alternativos (I),voleibol (I), esgrima (I) e hockey sala (I).
• ESO, Bacharelato e FP: multideporte (II), baloncesto (II), balonmán (II), fútbol sala (II), tenis (II), atletismo (II), baile moderno (II), ximnasia rítmica (II), aerobic (II), patinaxe (II), hockey a patíns (II), xadrez (II), ximnasia artística (II), capoeira (II), deportes alternativos (II), voleibol (II), esgrima (II) e hockey sala (II).
En prepatinaxe, patinaxe e hockey a patíns será obrigatorio o uso de proteccións (casco, pulseiras e xeonlleiras) para os/as participantes que aínda non teñan 2 anos de experiencia. Para o resto o uso de proteccións é moi recomendable.
Deportes alternativos: terán cabida aqueles deportes minoritarios como o Dodgeball, Quidditch, Fútbol Gaélico, Ultimate,...
ACTIVIDADES ESPECIAIS
Son aquelas actividades que se realizan puntualmente dentro do programa, para compartir aficións con outros/outras participantes do mesmo.
• Encontros Lúdicos: son propostas de actividades psicomotoras para escolares de EI, e para os/as participantes nas actividades de xogos, xogos rítmicos e xogos tradicionais.
• Encontros Deportivos: baséanse na realización de partidos para o alumnado da etapa de EP, ESO e BACH que participan nas escolas de predeporte, multideporte, atletismo, actividades de loita e tenis, agrupados por idades e/ou deportes.
• Exhibicións: Para todos os/as participantes nas actividades que teñen base musical e/ou coreográfica programaranse exhibicións ou mostras nas que se ensine todo o aprendido no curso.
Dende o 01/09/2021 ata o 26/09/2021
Do 1 ao 19 de setembro de 2021 para os CEIP, e ata o 26 de setembro no caso dos IES e CIFP.
Inscrición centros
Ficha de solicitude xeral (a cubrir polo centro)
A inscrición realizarase en liña: www.fedapascoruna.org/inscripciones
Unha vez iniciadas as sesións poderá haber altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo do tramo de idade que se solicita.
A asistencia mínima para formar grupo será de 12 e a máxima será de 20 participantes, que abriría listaxe de agarda se houber máis interesados.
A elección polo alumnado da actividade deportiva está condicionada á oferta que faga cada centro educativo, a través da ANPA ou a entidade que xestione as actividades, en función da dispoñibilidade das instalacións e dos intereses do alumnado na inscrición.
Así mesmo, a formación dos grupos estará suxeita ao número de solicitantes e á diferenza de idades entre os mesmos.
O centro escolar deberá proporcionar os espazos adecuados para realizar as actividades deportivas do programa.
Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable a un único educador/a; excepto aqueles grupos que polos seus especiais características precisen dun/a educador/a de reforzo.
Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos
Rúa Orzán, 21. 15001 A Coruña
Tel. 981 202 002 // 981 201 877
Entidades
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible