Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Descrición: servizo de comida e monitor (comida de catering tipo caseiro, con posibilidade de dietas especiais por prescrición médica) con sesións de hixiene persoal e actividades lúdicas despois da comida.
Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
Horario: luns a venres de 14:00 h a 16:00 h.
Inscrición: na APA do centro. No mes de xuño, para comedores que comezan en setembro. Antes do 22 de cada mes, para empezar ao mes seguinte.
Titularidade: FAPA
Luditarde:
Descrición: actividades lúdicas relacionadas cun centro de interese urbano, ligado a temas relacionados con educación para a saúde, educación viaria, educación para a paz, educación medio ambiental etc., a partir dos cales se desenvolven os distintos contidos: dinamización teatral, animación á cultura, xadrez, producións plásticas, música, actividades motrices, actividades deportivas e informática.
Persoas destinatarias: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e educación primaria.
Horario: luns a venres de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño.
Inscrición: na APA do centro. Do 9 ao 10 de setembro, con opción a comezar o 15 de setembro ou o 1 de outubro. Do 9 ao 17 de setembro, para comezar o 1 de outubro. Antes do 22 de cada mes, para comezar ao mes seguinte.
Titularidade: Servizo Municipal de Educación
Ludiáxiles:
Descrición: actividades culturais e deportivas. Culturais: de temática relacionada coa cidade e ambiental mediante actividades de fotografía e vídeo dixitais, graffiti, música, teatro e baile. Deportivas: baloncesto, balonmán, deportes a patín, floorball (hóckey), fútbol sala e softball (béisbol e tenis).
Persoas destinatarias: alumnado de quinto e sexto de educación primaria
Horario: dous días por semana de 16:00 h a 18:00 h do 15 de setembro ao 15 de xuño
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible