Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deporte no centro 2022-23

É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todas/os'.

As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e os eventos especiais e competicións nas instalacións deportivas municipais.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Preferentemente alumnado de EI e EP. Tamén poderá ter cabida o alumnado de ESO, Bacharelato e FP de centros públicos do municipio.

Horario:

2 sesións semanais de 1 hora, distribuídas en días alternos, sempre dentro da franxa horaria de 16:00 a 18:00 h.

O horario de cada actividade determínao a ANPA de cada centro educativo.

Prezo / Custo:

COTAS TRIMESTRAIS QUE CÓMPRE ABOAR

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 22/23 nos seguintes períodos:

  • Período outubro-decembro: 15 € por participante e escola deportiva
  • Período xaneiro-marzo: 15 € por participante e escola deportiva
  • Período abril-maio: 10 € por participante e escola deportiva

Todos/as os/as escolares inscritos/as aboarán unha única cota anual de 4 € en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionados pola Federación das ANPA para o curso 22/23.

Obxecto:

  • Gozar da actividade motriz e deportiva como un medio para sentirse a gusto consigo mesmo e coas demais persoas.
  • Participar na actividade deportiva con independencia do nivel de habilidade acadado, aceptando as normas e respectando as diferenzas entre os/as participantes.
  • Adquirir hábitos hixiénicos e saudables directamente relacionados coa práctica de actividades motrices e deportivas.
  • Desenvolver as habilidades motrices básicas e aquelas directamente vinculadas ás prácticas deportivas elixidas (espcialmente nos últimos cursos de E. Primaria).
  • Desenvolver as capacidades motrices, con especial incidencia nos elementos fundamentais das perceptivas e as socio-motrices xenéricas (E.I.), así como os específicos directamente vinculados ás prácticas deportivas (E. Primaria).
  • Resolver situacións vinculadas a unha práctica deportiva, mediante a selección e o dominio de habilidades motrices.
  • Proporcionar, a través do deporte, experiencias gratificantes que s orienten á hora de utilizar adecuadamente o seu tempo libre.

MODALIDADES DEPORTIVAS

- En Educación Infantil: Propostas baseadas na mellora da motricidade xeral a través do xogo. Diferénciase as propostas lúdicas relacionadas co ritmo, a música e o movemento (Xogos Rítmicos) das que non teñen a música como elemento esencial (Xogos Motores). Outras propostas como xogos tradicionais, xogos de taboleiro ou de capoeira, así como o prepatinaje completan a oferta para esta etapa educativa.

- En Educadión Primaria: Os primeiros cursos de Primaria óptase polo Predeporte (evolución natural dos xogos motores) e outras propostas como o RITMO (evolución dos Xogos Ritmicos), que se sitúan dacabalo do Xogo e o Deporte. Nos últimos cursos desta Etapa Educativa exponse unha práctica máis estruturada a nivel de actividades rítmicas (Baile Moderno, Ximnasia Rítmica) así como propostas deportivas específicas (Baloncesto, Fútbol sala, Tenis, etc.). Os xogos de taboleiro terán a súa concreción no xadrez, os xogos de capoeira e a prepatinaxe teñen a súa continuidade ao longo desta etapa educativa con contidos máis específicos e complexos que derivarán, por exemplo, en capoeira, patinaxe artística ou hockey a patíns.

A metodoloxía empregada baséase nun modelo participativo e activo de todos os membros do grupo que, independentemente do seu nivel de habilidade, logre que sentan a gusto na actividade.

Cadro resumo de actividades:

ED. INFANTIL

ED. PRIMARIA

ED. SECUNDARIA

DEPORTE NON CENTRO

(Escolas deportivas

para ou curso 22/23)

Xogos Motores

***

Predeporte

**

Atletismo

********

Baloncesto

********

Fútbol sala

********

Hockey sala

********

Multideporte

********

Tenis

********

Xogos Rítmicos

***

Ritmo

**

Baile Moderno

********

Ximnasia rítmica

********

Prepatinaxe

*****

Patinaxe

********

Hockey Patíns

********

Xogos de Taboleiro

***

Xadrez

**********

Xogos Tradicionais

*****

Deportes Alternativos

********

Xogos de capoeira

***

Capoeira

**********

Inscricións:

Dende o 12/09/2022 ata o 18/09/2022

Do 12 ao 18 de setembro de 2022

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral (tena que cubrir o centro)

A inscrición realizarase en liña: www.fedapascoruna.org/inscripciones

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel.: 981 184 200 ext. 22013 e 12047

Requisitos:

Mínimo de 10 escolares para formar grupo. A partir de 20, desdóbrase o grupo. Os grupos formaranse por tramos de idade de 2 ou 3 cursos consecutivos.

A elección polo alumnado da actividade deportiva está condicionada á oferta que faga cada centro educativo, a través da ANPA ou a entidade que xestione as actividades, en función da dispoñibilidade das instalacións e dos intereses do alumnado na inscrición.

Recursos materiais:

O centro escolar deberá proporcionar os espazos adecuados para realizar as actividades deportivas do programa.

Recursos humanos:

Cada grupo ou escola deportiva que se forme terá como responsable a un/unha único/a educador/a; excepto aqueles grupos que polas súas especiais características precisen dun educador ou unha educadora de reforzo.

Máis información:

Federación Provincial das ANPA de Centros Públicos

R/ Orzán, 21. 15001 A Coruña

Tel.: 981 202 002 // 981 201 877

ocio@fedapascoruna.org

Documentos relacionados

  • Programación da Federación das ANPA de centros públicos curso 22-23 (1 MB)
  • Proposta de Lecer educativo Anpas 2022-23 (1 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión