Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

O certame "Gargallada, novas xeracións na comedia" puxo o peche á súa primeira edición cunha gala final cargada de humor e creatividade

Cando:

28 de marzo de 2025

Os 13 monólogos finalistas competiron en dúas categorías: "Pillabáns" (1.º e 2.º de ESO) e "Falcatruáns" (3.º-4.º de ESO e 1.º de bacharelato).

O Centro Sociocultural Ágora acolleu o xoves 27 de marzo a gala final do programa Gargallada. Novas xeracións na comedia , na que 13 estudantes de 11 centros educativos do Concello da Coruña presentaron os seus monólogos.

Os 13 monólogos finalistas competiron en dúas categorías: 8 na categoría "Pillabáns" (1.º e 2.º de ESO) e 5 na categoría "Falcatruáns" (3.º e 4.º de ESO e 1.º de bacharelato).

O xurado estivo formado por personalidades da comedia (Lucía Veiga e Santi Gutiérrez) e persoal de normalización lingüística do Concello (Xulia Rigueiro). A función de secretaria desempeñouna Ana Judel, técnica do Servizo Municipal de Educación. Todos eles valoraron as actuacións baseándose na calidade dos textos, a posta en escena e o uso da lingua galega, recoñecendo o esforzo e a creatividade dos e das participantes.

As persoas premiadas foron as seguintes:

CATEGORÍA A. PILLABÁNS (1.º e 2.º de ESO)

  • 1.º premio: Miguel López, do CPR Compañía de María, co monólogo "Apocalipse escolar".

CATEGORÍA B. FALCATRUÁNS (3.º e 4.º de ESO e 1.º de bacharelato)

  • 1.º premio: Alicia Barja, do IES Salvador de Madariaga, co monólogo "Cine en 3D".

Programa ao que pertence

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible