Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Segunda semana do programa de Rutas urbanas animadas

Cando:

25 de marzo de 2025

Alumnos e alumnas de 5.º de Educación Infantil e 1.º-2.º de Educación Primaria de varios centros da cidade participaron nas rutas "Historias de María Pita", "Habitantes dos xardíns" e "Tesouros de María Pita".

O programa educativo de  Rutas urbanas animadas 2024-25 organizado polo Servizo Municipal de Educación e a Federación das ANPA de centros públicos, continúa o seu curso. Esta última semana, do 17 ao 21 de marzo, foi a quenda duns/dunhas 480 alumnos e alumnas de 5.º de educación infantil e 1.º-2.º de educación primaria de varios centros da cidade.

As rutas que se realizaron foron as seguintes:

  • "Tesouros de María Pita", na que alumnos e alumnas de 2,º de EP puideron coñecer con máis detalle esta emblemática praza e os segredos que esconde. Participaron nesta ruta os seguintes centros:
    • CEIP Juan Fernández Latorre
    • CEIP María Pita 
    • CEIP Rosalía de Castro
    • CEIP Salgado Torres
  • "Historias de María Pita", na que alumnos e alumnas de 5.º de EI (4 anos) puideron vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de María Pita. Participaron os seguintes centros:
    • CEIP María Barbeito
    • CEIP Raquel Camacho
    • CEIP Anxo da Garda
    • CEIP Sal Lence
    • CEIP Manuel Murguía
    • CEIP María Pita 
    • CEIP Eusebio da Guarda
  • "Habitantes dos xardíns", que lle permitiu ao alumnado de 1.º de EP coñecer as personalidades ás que se lle rende homenaxe nos emblemáticos xardíns de Méndez Núñez. Participaron os seguintes centros:
    • CEIP Juan Fernández Latorre.
    • CEIP Anxo da Garda.
    • CEIP Sal Lence.

O programa desenvólvese ata finais de maio. Pódense consultar as próximas rutas programas desde a seguinte ligazón: calendario de próximas rutas programadas.

Programa ao que pertence

  • Rutas urbanas animadas 2024-25

    Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres ata os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas, realizando actividades didácticas.

    Máis información
  • Rutas urbanas animadas (17/03 - 21/03)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible