Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os parruliños coñecen a rúa 2024-25

Aínda que as competencias básicas non se inclúen como elemento curricular, si se considera que nesta etapa sentan as bases para o desenvolvemento persoal e social, e intégranse aprendizaxes necesarias para o posterior desenvolvemento das competencias básicas en todo o alumnado, baixo esta premisa, incentívase principalmente o coñecemento do seu ámbito inmediato, integrando neste á Policía Local como axente social próximo e colaborador.

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Obxecto:

  • Coñecer normas básicas como peóns: cruzar a rúa polos pasos de peóns, non correr pola beirarrúa, mirar antes de cruzar, ...
  • Coñecer as normas de seguridade nos coches: importancia do uso adecuado da cadeira de rentención infantil, non molestar ao condutor, baixarse sempre polo lado da beirarrúa, ....
  • Entender a necesidade do uso do casco na bicicleta.
  • Relacionar a figura da Policía Local co tráfico.
  • Achegar a figura da Policía Local como persoa próxima da súa contorna cotiá e, sobre todo, espertar a súa confianza.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 2º ciclo de EI (3-5 anos).

Recursos materiais:

Proxector e reprodutor de vídeo.

Cando:

Dende o 21/10/2024 ata o 20/06/2025

Ver condicións xerais do programa

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Inscrición centros

Ficha de solicitude

Horario:

De 09.00 a 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos.

Actividade dirixida ao alumnado do último curso de EI.

A actividade consiste en:

  • Presentación e exposición do traballo da Policía Local, buscando a interacción do grupo nunha charla aberta onde poidan preguntar ou contar anécdotas.
  • Visionado dos vídeos de debuxos animados de educación viaria de "Green Light Seguridade viaria": Os axentes de tráfico. Os semáforos de peóns. Ao baixarse dun coche.
  • Comentarios guiados sobre os vídeos expostos.
  • Camiño escolar seguro: percorrido polos arredores do centro para levar á práctica o aprendido na aula. Para esta actividade póñenselles chalecos policiais amarelos. Sempre se solicita a colaboración de polo menos dous adultos. Pretende que os nenos e nenas aprendan non só os coñecementos relativos ao tráfico propios para a súa idade, sempre dunha forma lúdica con materiais audiovisuais, senón que tamén se realiza unha ruta ao redor do seu centro para levar á práctica todo o aprendido na aula. Búscase que establezan unha mellor relación co seu ámbito máis próximo, nos seus desprazamentos do día a día e en situacións que poidan considerar como cotiás e reais.

O tempo de duración das actividades é de 2 horas.

Máis información:

Recursos humanos: dous ou máis adultos para facer o percorrido ao redor do centro.

Poden ser familia ou profesorado.

Documentos:

Vos parruliños coñecen a rúa (879 KB)

Contacto:

Coordinador da actividade de Educación Viaria: Diego Someso Anguita

Policía Local - Concello da Coruña.

Tfno.: 981184200 Ext.: 88059

Enderezo de correo electrónico: ds.anguita@coruna.gal

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión