Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Planta de Coxeración de Bens 2024-25

Itinerario/Visita guiada: Duración: 90 minutos.

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer un espazo cívico gañado pola cidade despois do selado dun vertedoiro
  • As tarefas de acondicionamento e selado da zona realizadas hai anos
  • Coñecer as oportunidades de coxeración enerxética a partir dos residuos confinados
  • Descubrir que outras enerxías temos visibles desde esta atalaia da cidade e que supoñen nos nosos hábitos diarios.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º a 4º de ESO; 1º e 2º Bacharelato; FP.

Recursos materiais:

Materiais didácticos sobre as enerxías que servirán de apoio á visita.

Cando:

Dende o 08/01/2025 ata o 20/06/2025

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Dende o 16/09/2024 ata o 16/10/2024

Ver condicións xerais do programa.

Contidos

  • O derrubamento do vertedoiro e o seu confinamento.
  • As enerxías renovables e o resto de enerxías que chegan á nosa cidade, visibles desde esta atalaia.
  • A coxeración eléctrica a partir dos lixos lanzados ao vertedoiro municipal durante décadas.

Desenvolvemento da actividade e metodoloxía

A actividade desenvólvese fundamentalmente no Parque de Bens. Neste parque pódense ver nun reducido espazo distintas fontes de enerxía.

Dividiremos os grupos para realizar unha xincana na procura destas enerxías. Ao final, realizaremos unha posta en común. A visita péchase accedendo á planta de coxeración de Bens onde aínda hoxe xérase enerxía a partir dos residuos procedentes do selado do vello vertedoiro municipal.

Contacto:

Tel.: 981184315

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.gal

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión